Semana Santa en distintos puntos da Diocese

Antas de Ulla

Día 30 ás 20h na Praza Nova: representación da Paixón segundo San Lucas de Areas, a cargo do grupo de teatro da Biblioteca de Antas e da catequese das parroquias. O guión e a dirección son de Vanesa Ferreiro e Javier Diéguez.

Chantada

Día 28 ás 20h: Celebración comunitaria da penitencia

Xoves Santo 18h Misa na Cea do Señor. Traslado do Santísimo ao Monumento

22h Adoración Nocturna

Venres Santo 12 h Vía Crucis

18h Oficios

21h Procesión dos Caladiños

Sábado Santo 12 h Rosario meditado

20h Vixilia Pascual

Domingo de Pascua 12:30h Misa Solemne e procesión co Santísimo

Lalín (Igrexa Santa María das Dores)

Xoves Santo 19.30 – Santa Misa

21.00 – Hora Santa

22.00 – Adoración Nocturna

Venres Santo: 11:30h Exercicio do Santo Vía Crucis

17:30h Celebración da Paixón de Cristo e procesión coas imaxes

de Santa María das Dores e de Xesucristo crucificado

Sábado Santo ás 12:30h (por confirmar): Procesión coas imaxes de Santa María

das Dores e do Santo Sepulcro

21:30h Solemne Vixilia Pascual

Domingo de Pascua: 12.30 – STA. MISA “PRO POPULO” coa bendición do pan e a celebración de varios bautismos.

Lugo

XOVES SANTO, 29 de marzo ao remate da Misa da Cea do Señor, (aprox. 19:30 h.): Procesión Eucarística da Santa Cea organizada pola Confraría Sacramental da Santa Cea

Itinerario: Catedral, (con un só paso: a belísima carroza da Santa Cea do Señor), Bo Xesús, Praza de Sta. María, Praza Maior. (Retorno): Praza Maior, Bo Xesús ata a Catedral, onde queda depositado o Santísimo no “Sagrario da Reserva”. (Monumento).

VENRES SANTO ás 20,00 h. PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO

Organiza: A Orden Franciscana Segrar, e a Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima.

Itinerario: Praza da Soidade, L. Peña Novo, Armanyá, Conde Pallares, Praza de Santa María. No fondo da Praza Maior incorpóranse tódalas confrarías.

Tamén o Venres Santo ás 23:00 h. PROCESIÓN DA VIRXE DA SOIDADE (“AS CALADIÑAS”) organizada pola Orde Franciscana Segrar.

SÁBADO SANTO, 31 de marzo ás 8,30 h.

PROCESIÓN PENITENCIAL DA VIRXE DA PIEDADE, ROSARIO E VIACRUCIS

ORGANIZA: A Confraría do Santo Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade.

ITINERARIO: Catedral, Bo Xesús, Praza Sta. María, Praza Maior e viceversa.

DOMINGO DE RESURRECCIÓN, 1 de abril. Ao remate da Misa de Resurrección, ás 13,30 h PROCESIÓN DE CRISTO RESUCITADO

ORGANIZA: A Confraría da Entrada de Xesús en Xerusalén.

ITINERARIO: Praza de Santa María, Praza Maior, Rúa da Raíña, Sto. Domingo, S. Marcos, rematando na Parroquia de S. Froilán.

Meira

Día 28: Tamborrada, ás 22h desde a igrexa parroquial. Participan 50 nenos

Xoves Santo ás 18h Celebración da Última Cea

ás 21 h Hora Santa

Venres Santo ás 21h Procesión do Santo Encontro. Amador Bañobre interpreta unha saeta, Marta Pacín a Salve e gaiteiros de Meira tocan na ofrenda floral.

Sábado 31 ás 11h Rosario meditado

ás 21:30 Vixilia Pascual

Ata o 8 de abril, exposición de fotos na igrexa

O Corpiño

29 Xoves Santo na Cea do Señor. Hora Santa ás 20h. Adoración Nocturna ás 21h

30 Venres Santo. Representación do Vía Crucis desde O Corpiño á Capela de Montouto. Crucifixión. Acto de Desencravo e Procesión do Santo Enterro (con candeas) na Capela de Montouto.

31 Sábado Santo na Sepultura do Señor. Santo Rosario ás 12:00 horas. Santa Vixilia Pascual á noitiña.

Domingo de Pascua: Bendición do pan nas tres eucaristías (10, 12 e 18h)

Samos

Días 29 e 30: Eucaristía en San Xoán, San Mamede, Teivilide e Val do Mao

Día 31: Vixilia Pascual no Val do Mao ás 20h e no Mosteiro de Samos ás 22h

San Clodio – Quiroga

Día 29: Misa da Cea do Señor ás 18h (San Clodio) e ás 20h (Quiroga)

Día 30: San Clodio ás 17:30h oficios de Venres Santo e ás 22 h procesión

Quiroga: ás 19h oficios de Venres Santo e ás 22 procesión

Día 31 ás 20h Vixilia Pascual (San Clodio)

Día 1 de abril. Eucaristía ás 11 (Quiroga) e ás 12 (San Clodio)

Santa María da Fonsagrada

Xoves Santo Misa da Cea do Señor, ás 19h e Hora Santa, ás 21h

Venres Santo Celebración da Paixón do Señor, ás 19h Viacrucis, ás 20:30

  • Procesión da Dolorosa, ás 9 da noite

Sábado Santo Santo Rosario, ás 11 da mañá e Vixilia Pascual ás 8 da tarde

Domingo de Pascua Misa, ás 12 do mediodía

Sarria

Día 28 ás 19.30 h Misa en Santa Mariña, trala que será o via crucis ata o convento coas imaxes de Cristo Crucifidado e Nosa Señora das Dores

Día 29 ás 22.30 h: procesión do Silencio coa imaxe de Xesús Cativo desde o convento ata a igrexa de Santa Mariña.

Día 30 ás 20 h procesión do Santo Enterro. (Suspendida)

Día 31 ás 23.00 h Vixilia pascual

Día 3 de abril ás 20.00 na igrexa do convento os alumnos do colexio da Mercé representarán a Paixón de Cristo.

Silleda

Día 29 ás 22h Hora Santa. Nas horas previas, celebración da Última Cea do Señor en Abades, Lamela, Bandeira e Silleda

Día 30 ás 20h: procesión de Dores e Vía Crucis. Nas horas previas, Paixón do Señor en Abades, Lamela, Bandeira e Silleda

Día 31 ás 20:30h Vixilia Pascual en Manduas e ás 22:30h en Silleda

Actos de Semana Santa na Catedral

Xoves Santo; ás 18 h

Presidida polo Bispo da Diocese, Eucaristía onde se fai memoria da Santa Cea coa institución da Eucaristía e do sacerdocio. O lavatorio dos pés recorda que El anticipou o sacrificio supremo do Calvario, e deixounos como nova lei o seu amor.

Venres Santo

Mañá, 12 h.: SERMÓN DAS SETE PALABRAS. Acto de piedade que comenta as palabras de Cristo na Cruz. Predica: o reitor do Seminario de Lugo, David Varela.

Tarde, 18 h.: CELEBRACIÓN DA PAIXÓN DO SEÑOR presidida polo Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco

Sábado Santo, ás 23 h

SOLEMNE VIXILIA PASCUAL que preside o Sr. Bispo. Logo de bendicir o Lume Novo, acéndese o Cirio Pascual, símbolo de Cristo que ilumina a todo home, e resoa xubiloso o gran anuncio da Resurrección

Domingo de Resurrección, a partir das 11.40 h

Trala chegada da imaxe da Virxe do Rosario á Catedral, onde ten lugar o Encontro de María e o seu Fillo, SOLEMNE MISA PONTIFICAL DE RESURRECCIÓN. Mons. Carrasco Rouco preside esta Eucaristía á que asisten autoridades civís, eclesiais e unha representación das confrarías. Ao finalizar impartiráse a Bendición Papal e comeza a Procesión do Cristo Resucitado.

Tres notas do traballo dunha Delegación de Misións: apertura, respecto e compromiso

Hoxe atopámonos ante unha nova etapa misioneira que pide unha nova conciencia e comprensión dos aspectos teolóxicos e pastorais da misión. A Igrexa enfróntase a novos interrogantes: que significa evanxelizar nun mundo traspasado pola inxustiza e a desigualdade cada vez máis grande entre ricos e pobres; como evanxelizar a nova cultura que está nacendo; como afrontar o diálogo interrelixioso, sobre todo cando crece a persecución contra os cristiáns por parte de certos grupos fundamentalistas; que significa “saír ás periferias“ para unha Igrexa envellecida e con pouca vida como é a europea; como facer crible unha mensaxe de amor e misericordia cando moitos dos seus membros principais aínda hoxe continúan vivindo como auténticos príncipes…

Todos estes interrogantes hai que respondelos a partir dunha serie de constantes que deben estar presentes en todo momento:

A primeira constante é o que da misión. En primeiro lugar, temos de aclarar o concepto “territorio de misión“. Hoxe utilízase este concepto para designar a aquelas circunscripcións eclesiásticas que están baixo o amparo da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, ao ser comunidades eclesiais que non poden subsistir por si mesmas, debido á falta de recursos humanos e económicos. Actualmente están catalogados 1.113 territorios de misión por África e Asia, as illas de Oceanía e América. A misión sempre é ad gentes. Xa que logo, unha Igrexa misioneira é aquela que entra en contacto cos chamados territorios de misión, para anunciar o Evanxeo a quen aínda non oíu falar del, non unha Igrexa que, por comodidade ou medo, queda no seu propio territorio e só pensa nos seus problemas.

A segunda constante é o como da misión. En 1622, o Papa Gregorio XV funda a Congregación Propaganda Fide coa intención de poñer toda a actividade misioneira baixo o seu control e desligala da actividade colonial. E no ano 1659, a Congregación dirixe unha Instrución que se converteu nunha especie de Carta Magna das misións, posto que mostra como ha de levase a cabo e que calidades han de adornar ao mensaxeiro. A grandes liñas, a Instrución recolle o antigo concepto das “sementes do Verbo presentes en todo home“ para mostrar que a misión non se pode realizar dun xeito colonialista, impoñendo os criterios e modos de pensar e de actuar, senón respectando, acollendo e valorando positivamente o bo que hai noutras culturas e relixións, posto que nelas atopamos o abono axeitado para a semente do Evanxeo.

A terceira constante é o quen da misión. O Vaticano II considera a misión como algo propio de todo o Pobo de Deus, posto que forma parte da natureza da Igrexa e ten a súa orixe na Trinidade: na misión do Fillo e do Espírito Santo, segundo o propósito do Pai (cf. Ad Gentes 2). Por iso, Evangelii Gaudium 119-121 fala da Igrexa como un pobo de discípulos misioneiros.

Ler máis

Misa Crismal

 O mércores 28 de marzo, ás 11 h na Catedral de Lugo, o Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidirá a Misa Crismal na que concelebran os sacerdotes da Diocese.
Nesta celebración, que manifesta a comuñón do Bispo cos seus presbíteros, bendinse os óleos que despois se reparten ás parroquias da Diocese para a administración dos sacramentos ao longo do ano: Bautismo, Confirmación, Orde Sacerdotal,  Unción de Enfermos.

Domingo de Ramos: unha revolta política?

A festa do Domingo de Ramos é unha das celebracións e manifestacións populares católicas máis concorridas e multitudinarias da Semana Santa. Por algo é o pórtico da Semana Grande da cristiandade que comeza cun ton festivo no que se reproduce, con gran participación de todas as xeracións, especialmente dos nenos e novos, aquela alegre entrada triunfal de Xesús en Xerusalén. De feito, na nosa cidade de Lugo e en moitas vilas da nosa Diocese, as procesións do Domingo de Ramos teñen un gran arraigo. En contra do que algúns pensadores e teólogos cristiáns pensaron (Reimarus, Brandon…), o acontecemento da entrada triunfal de Xesús en Xerusalén non foi por causa dun movemento político contra o poder establecido, semellante ao movemento dos zelotas. No ambiente tenso que se vivía entón en Palestina, especialmente polas concentracións masivas durante a Pascua en Xerusalén, coa vixilancia dos militares romanos desde a Torre Antonia, estes movementos reprimíronse fácilmente.

Por iso, desde as fontes cristiás de que dispoñemos, podemos afirmar que foi un acontecemento sinxelo de aclamación popular, no que algúns habitantes de Xerusalén acolleron con sinxeleza e expresión de gran afecto, con ramos de oliveiras e palmas, ao Mestre de Nazaret. A verdade é que o Mestre humilde que alborotara ás masas, montado nunha borriquiña, era unha figura política de pouca transcendencia, comparada cos grandes fastos dos triunfadores imperiais nas campañas bélicas que se celebraban en Roma.

A nosa antiga tradición popular de Ramos selou a miña infancia. Lémbroa con gran ilusión en compañía da miña nai e familiares. Preparabámola con tempo. Adornabamos os ramos con laranxas e lambetadas. E cantabamos nas procesións ao redor das igrexas e ermidas dos nosos pobos. Unha tradición que en Lugo cidade, non soamente non se perdeu, senón que está florecendo. A procesión coñecida popularmente como da Borriquiña, fundada en 1943 co esforzo e o tesón da gran entusiasta Rosita (q.e.p.d.) e cos nenos da catequese da Parroquia de San Froilán de Lugo, manteñen hoxe o mesmo carácter de espontaneidade e sinxeleza.

Segundo datos moi recentes, o boom da piedade popular engancha a maiores e mozos no medio do deserto da incredulidade e da secularización. Nos últimos vinte anos, os confrades en España (en Lugo creceron tamén) pasaron dun millón a tres millóns de membros. É o movemento asociativo máis significativo e importante de España.

Acabada a procesión de Ramos, a liturxia adquire un ton máis meditativo. En Lugo, entramos na Catedral. Comeza a Eucaristía. Escoitamos e meditamos a Paixón. E mergullámonos xa no clima que debe recordar esta semana, á que a tradición da Igrexa cualificou como “santa“. Cristo ensínanos a entender a realidade do sufrimento. Como dixo Bonhöeffer, “só un Deus que sofre -no silencio- pode salvarnos“.

Oxalá tamén nós, iluminados pola luz radiante da fe, afirmemos co Cristo do domingo de Ramos, en silencio ou con aclamacións, que: “Realmente este home era (e é) o Fillo de Deus“.

J. Mario Vázquez Carballo

Vicario Xeral.

A %d blogueros les gusta esto: