A Novena da Graza na Parroquia San Francisco Xavier (Lugo) comeza o 4 de marzo e estará predicada polo misioneiro xaveriano Miguel Taboada Tabuenca. Tras dez anos en Brasil, Miguel vive agora en Murcia, onde colabora coa súa comunidade no Servicio Conjunto de Animación Misionera
Horarios da Novena
-
Mañá: 7:30 rosario e procesión, 8 e 12 Novena e Eucaristía
-
Tarde: 6 rosario. 6, 30 e 8 Novena e Eucaristía
-
Domingo: 10; 11: 30; 12: 30 e 18: 30
Darase a venerar a reliquia do santo nas misas e hai confesións en todos os actos.
Actos especiais
-
Día 6 de marzo: Unción de enfermos ás 4,30h da tarde
-
Día 8: Celebración comunitaria do perdón ás 19h
-
Día 10: Procesión de fachos despois da Eucaristía das 8 da tarde.
-
Día 11: procesión desde o Barrio de Montirón ás 9,30h da mañá.