O departamento de Pastoral da Estrada, da Conferencia Episcopal, promove en datas próximas á celebración de San Cristovo, patrono dos condutores (10 de xullo), a Xornada de Responsabilidade no Tráfico, que este ano é o 2 de xullo.
Pastoral da Estrada diríxese a todos cantos están relacionados coa mobilidade humana: camioneiros, transportistas, taxistas, condutores de autobuses, de autocares, de ambulancias, bombeiros, Garda Civil e Policía de tráfico, confrarías de san Cristovo, asociacións de transportistas, autoescolas. Diríxese tamén a quen pasan boa parte do seu tempo ao volante por por necesidade ou por turismo, sen esquecerse dos motoristas, ciclistas e peóns que, dun ou outro xeito, fan uso das vías públicas. A todos desexan saúde, paz, alegría e a bendición do Señor.
«Loado sexas, meu Señor, tamén polos medios de transporte» é o lema deste ano para a Xornada de Responsabilidade no Tráfico 2017. Con el quérese loar e bendicir a Deus pola creación, obra das súas mans.
O 2 de xullo ás 10.30 h. TVE 2 retransmite a Santa Misa desde a madrilleña parroquia de San Cristóbal, patrono dos viaxeiros, condutores e transportistas.
[Materiais da Conferencia Episcopal]