O venres 28 ás 20h na igrexa de Santiago a Nova será interpretada a Misa a San Froilán. Esta Misa, composta por Xavier de Acosta foi estreada o pasado 5 de outubro e agora será cantada por Marcos Fernández Mosquera, director del Orfeón Lucense.
Outra Misa cantada na mesma igrexa será o sábado 29 ás 20h. Neste caso Esperanza Iglesias tocará o órgano. Ás 20:30h iníciase un concerto do conxunto coral Lugh e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Santiago.
Teatro: Na Parroquia Santiago a Nova intentan sacar adiante unha aula de teatro aberta a quen teña máis de 10 anos e desexe espertar e desenvolver os dotes de artista. Formaríase un pequeno grupo e logo fixar horarios e concretar as actividades.