Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo

V ENCONTRO EUCARÍSTICO LUCENSE 00

Lugo celebra o sábado 4 de xuño ás 20h na Catedral as Vésperas solemnes da Oitava de Corpus Christi e o domingo a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo, que nesta ocasión será realizada polo alcalde de Ourense Jesús Vázquez.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibirá ás autoridades participantes, que se desprazarán, en comitiva, ata a Catedral de Santa María, onde ás 12:00 horas comezará a celebración da solemnidade da Oitava de Corpus, presidida polo bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos Montanet.

A intervención musical corre a cargo do Orfeón Lucense.

As confrarías de Semana Santa acudirán, cos seus estandartes e bandeiras, á Eucaristía e á posterior procesión. Antes, ás 11:30 horas repartirán bolsas con pétalos na porta da igrexa dos Franciscanos a quen desexen colaborar coa choiva de pétalos ao paso do Santísimo Sacramento polas rúas.

Jaume González Padrós interveu no V Encontro Eucarístico Lucense

Conferencia Jaume G Padrós - copia

O xoves 2 xuño ás 18:30 h na Capela do Bo Xesús da S. I. Catedral Basílica houbo unha conferencia titulada “Sacramentum Caritatis: os dous altares” a cargo do liturxista Jaume González Padrós, que se baseou na encíclica de San Xoán Paulo II Ecclesia de Eucharistia e o punto de partida foi a seguinte idea: A Igrexa sen Eucaristia morre, porque sería unha Igrexa sen o Señor.

Jaume González matizou a frase “ao comungar recibimos a Xesucristo” por esquecer tal frase o aspecto trinitario da Eucaristía: no pan eucarístico, grazas ao Espírito Santo recibimos a Xesús, que nos pon e. comuñón co Pai.

Os cristiáns vivimos en tensión como a corda dun arco: por unha parte estamos agarrados ao ceo e por outra á caridade; se a corda non está abondo tensa, a nosa vida non está como debe. De feito, o amor sen liturxia pode converterse en prepotencia ideolóxica.

Jaume González recalcou que é para sentirse impresionado polo feito de que a Igrexa é unha familia da que forman parte Santa Teresa de Jesús, San Juan de la Cruz (de quen citou os versos Aquesta eterna fonte está escondida en este vivo pan por darnos vida, aunque es de noche)… Algo así non pode acabar mal.

Presentación do último concerto do Festival Internacional de Órgano

Presentación último concerto Festival órgano

O 2 de xuño tivo lugar a presentación do último concerto do  III Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo. No acto interviñeron o director técnico Luis Varela Castiñeira, o director artístico Giulio Mercati e o director do grupo vocal Solo Voces, Fernando Gómez Jácome.

Este cuarto e último concerto será o venres 3 xuño na Catedral ás 20:45 h baixo o título “Tantum Ergo Sacramentum” coas actuacións do Coro Solo Voces (Lugo) e o organista Juan de la Rubia (Barcelona).

No acto de presentación destacouse que o concerto é unha mostra da vocación do Festival de contribuír á divulgación do amplo e valioso patrimonio musical que alberga o arquivo catedralicio, aínda pouco coñecido. O inicio do concerto será co Preludio e fuga en La menor BMW 543 de J. S. Bach seguido de 9 obras para coro e órgano de carácter eucarístico que compuxeron tres mestres de capela da Catedral de Lugo Francisco Tapies Torres, Juan Antonio Moreno Fuentes e Vicente García Julbe.

Tamén se presentou o I Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi

IX Encontro do voluntariado de Cáritas Galicia

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), default quality

O sábado 4 de xuño máis de 500 persoas desembarcarán en Mondoñedo, entre voluntarios, técnicos e membros dos equipos directivos das cinco Cáritas galegas.

O programa de actos, a partir das 10 h no claustro do Real Seminario ‘Santa Catalina’, inclúe unha degustación da tradicional tarta de Mondoñedo, Eucaristía na Catedral-Basílica, presidida polo bispo diocesano, Mons. Luis Angel de las Heras; saúdo de benvida a cargo da alcaldesa da cidade, Elena Candia, na Praza da Catedral, onde tamén se realizará unha foto de familia con todos os participantes; a conferencia ‘O voluntariado de Cáritas: pegada de misericordia’, pronunciada polo responsable de Voluntariado de Cáritas Española, Emilio López Salas.

Despois da comida no Seminario hai catro saídas culturais: Catedral e Museo Diocesano; Barrio de ‘Os Muíños’; Centro de interpretación do Camiño Norte; Basílica de San Martiño de Foz.

A %d blogueros les gusta esto: