Evanxelizar, comunicar a Boa Noticia

2016_cartel_foto_MCS

Este domingo celebramos a solemnidade da Ascensión e a Xornada Mundial das Comunicacións Sociais. Xesucristo ascende ao ceo e encárganos que difundamos polo mundo enteiro a boa noticia do amor misericordioso de Deus, que resucitou ao seu Fillo para salvarnos.

A evanxelización e a Igrexa sempre estiveron moi unidas aos medios de comunicación. A palabra “evanxeo” significa “boa noticia”. Nas páxinas da Sagrada Escritura atopamos multitude de “momentos xornalísticos” nos que se transmiten noticias de moita importancia para que a humanidade non perda a esperanza dun mundo mellor e de alcanzar a Xerusalén celestial.

Grazas á comunicación podemos atoparnos coa misericordia de Deus e todo o que isto implica. Estamos chamados a ser testemuñas do amor entrañable de Xesucristo á humanidade, pola que padeceu a morte na cruz. Pero coa súa resurrección resucitamos todos.

Ninguén nos amou tanto, ninguén fixo tanto por nós, ninguén nos mirou así, con infinita misericordia. Unha noticia así ten que ser coñecida.

Para coñecer máis e mellor o Evanxeo de Xesucristo e a vida da Igrexa utilicemos os medios de comunicación (os clásicos e os modernos: redes sociais, internet…). Tamén me atrevo a suxerirlles que contrasten ben as noticias, pois ás veces cóanse informacións falsas ou manipuladas. Na actualidade temos recursos suficientes para coñecer todo dunha forma inmediata e acceder directamente ás fontes. As palabras e escritos do Papa, por exemplo, están dispoñibles na web do Vaticano, polo que non necesitamos intermediarios que nos “traduzan” o que o Papa quere dicir.

Estou convencido do poder e a eficacia dos medios de comunicación. Agora todos temos acceso a eles, non só para recibir noticias senón tamén para dalas e para compartir a nosa fe. Este é, por exemplo, o obxectivo de Parroquia-e, a folla parroquial de San Froilán que agora fai 2 anos empezou, vía correo electrónico, a dar a coñecer a vida parroquial e diocesana para facer máis unidos o camiño da fe.

As redes sociais axudan a atoparnos con persoas das que non se sabía nada había tempo, pero tamén serven para recibir en pequenas doses sementes de Evanxeo para un encontro fecundo coa misericordia de Deus.

Miguel Ángel Álvarez

10 invitacións que nos fai o Papa con motivo da Xornada Mundial das Comunicacións Sociais

 

Papa Francisco

Coincidindo coa solemnidade da Ascensión do Señor, o 8 de maio celébrase a Xornada Mundial das Comunicacións Sociais e o Papa Francisco, na súa mensaxe fainos 10 invitacións:

  • Transmitir misericordia, para tocar o corazón das persoas e sostelas no camiño cara á plenitude da vida, que Xesucristo, enviado polo Pai, veu a traer a todos.
  • Acoller en nós e difundir ao noso redor a calor da Igrexa Nai, de modo que Xesús sexa coñecido e amado.
  • Crear pontes, favorecer o encontro e a inclusión, enriquecendo deste xeito a sociedade. 
  • Elixir con coidado as palabras e os xestos para superar as incomprensións, curar a memoria ferida e construír paz e harmonía.
  • Usar as palabras axeitadas para axudarnos a saír dos círculos viciosos das condenas e as vinganzas, que seguen enmarañando a individuos e nacións.
  • Non expresar o orgullo soberbio do triunfo sobre o inimigo, nin humillar a quen a mentalidade do mundo considera perdedores e material de refugallo.
  • Non xulgar ás persoas, si xulgar situacións de pecado: violencia, corrupción, explotación…
  • Amoestar a quen se equivoca, denunciando a maldade e a inxustiza de certos comportamentos, co fin de liberar ás vítimas e de levantar ao caído.
  • Exercer a responsabilidade polo outro, que ten unha dignidade que debe ser respectada.
  • Utilizar a rede para facer crecer unha sociedade sa e aberta á posta en común.

Mensaxe completa do Papa Francisco        Reflexións sobre a mensaxe

 Subsidio litúrxico

Encontro vocacional e xornada de portas abertas do Seminario

seminario Lugo 4

O sábado 7 de maio de 11:00 h a 16:30 h. o Seminario organiza un día de convivencia para monagos e mozos que poidan ser futuros candidatos a seminaristas menores. Será un día no que os seminaristas están no Seminario, de modo que poidan ser eles os anfitrións e os que presenten a realidade do Seminario aos que participen no encontro.

Portas Abertas” do Seminario Menor para as familias

O mesmo día a partir das 11:30 h. Iníciase unha xornada de “Portas Abertas” para as familias ou outras persoas interesadas en coñecer de cerca o Seminario Menor, a súa proposta educativa, as súas instalacións, o funcionamento ordinario da vida académica e comunitaria… Haberá unha primeira presentación e saúdo no Salón de actos e logo, posteriormente, unha visita guiada ás instalacións, para que o conxunto non se estenda máis aló das dúas horas de duración. A ela poden unirse, pois, tanto familias dos que veñen ao Encontro como outras persoas interesadas.

Exposición sobre Cervantes no Seminario

Expo Cervantes autógrafos

A Biblioteca do Seminario exhibe durante o mes de maio unha exposición con motivo do IV Centenario da morte de Cervantes. Consta de catro partes:

  • Unha sección céntrase en diversas biografías ademais dunha edición facsímil que reúne por primeira vez os doce documentos escritos da súa propia man (na imaxe superior, dous deses autógrafos);
  • outra está dedicada á relación que estableceu Galicia con Cervantes a través dos seus escritores autóctonos;
  • unha terceira parte está integrada polos diversos estudos, ensaios e a pegada que deixou Cervantes na nosa cultura;
  • e, para rematar, diversas edicións de El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha, publicadas este ano para conmemorar o IV Centenario da súa morte.

Todos merecemos una segunda oportunidad

Concerto Noemi Mazoy 2
Luis Latorre dirixíndose aos asistentes ao concerto de Noemí Mazoy na igrexa de S. Antonio de Padua, Lugo (30/04/2016)

“Exconvicto” es una palabra que no resulta agradable porque nos centramos menos en “ex” y más en “convicto”. Es una equivocación, un prejuicio que tenemos que superar.

Dice el Padrenuestro “perdónanos nuestras ofensas como nosotros perdonamos a los que nos ofenden”. Tenemos que perdonar a los que nos ofenden, a los que han cometido un error o un delito y han pagado por ello. La clemencia es parte de la redención, tanto para el que peca como para el que absuelve.

El perdón no es solamente una cuestión moral, sino también práctica. Si cerramos toda puerta a quien quiere reintegrarse en la Sociedad no le dejamos más salida que la reincidencia. Tenemos que darle la bienvenida, decirle “amigo, ven y no peques más”.

 Somos seres humanos. Ninguno somos ángeles, ninguno somos perfectos. Todos podemos errar y todos merecemos una segunda oportunidad.

 Luis Latorre Real

 

A %d blogueros les gusta esto: