A presenza de Deus no mundo das comunicacións sociais

Comunicacións sociais -

Hai uns días quixen chamar a atención sobre a utilización do nome de Deus na modernidade. Un tempo que descobre como un dos vectores determinantes unha praxe social que busca a liberdade, o pan e a xustiza para todos os seres humanos, debe atopar tamén aí, de forma privilexiada, a presenza de Deus. Presente na creación, en moitos signos emanados da realidade externa que nos rodea e no máis íntimo da interioridade humana, Deus ten o seu santuario irradiante na acción da historia que debemos aprender a divisar na súa presenza sustentadora. A teoloxía actual expresa magníficamente o renacer desta sensibilidade cando se refire á identidade entre o amor a Deus e ao próximo. Se “Deus é amor”, e o é, resulta obvio que a súa presenza, ás veces invisible, faise visible nas realidades da historia, alí onde o amor adquire a súa identidade, no amor interhumano. Se existe algunha institución con historia é a Igrexa. E esta non se entende sen Cristo e ao revés, acceder a Cristo á marxe da Igrexa non é o máis correcto e natural. Explicábao moi ben nunha publicación titulada Cristo si, Igrexa tamén, o actual presidente da Conferencia Episcopal Española, o Cardeal Ricardo Blázquez e San Xoán Paulo II que proclamaba aos catro ventos esta rotunda afirmación fronte ao slogan que pretende aínda impoñerse nalgúns ámbitos: “Cristo si; Igrexa non”.

Na solemnidade da Ascensión do Señor, a Igrexa celebra a Xornada Mundial das Comunicacións Cociais, e o lema escollido para este ano é “comunicación e misericordia, un encontro fecundo”. No ano 2016 cúmprense cincuenta anos de Xornadas para celebrar, recordar e animar a presenza de Deus, da Igrexa e dos cristiáns no mundo das comunicacións sociais. E sobre todo, o papel da comunicación na misión da Igrexa que consiste fundamentalmente no anuncio dunha Boa Noticia (ese é o significado de Evanxeo): Xesucristo é o Señor, o Deus que salva na súa misericordia infinita.

Xunto á presenza ignorada de Deus no mundo, no corazón mesmo da misión evanxelizadora da Igrexa está o anuncio dun Deus que se dignou achegarse tanto ao ser humano que se encarnou na historia para redimila. O contexto do Ano da Misericordia é o mellor ambiente para que a comunicación entre as persoas sexa eficaz e dea froito: achegarse ao corazón do outro desde a humildade e a sencillez, desde a escoita e a acollida. O Papa Francisco, con motivo desta Xornada afirma que “non é a tecnoloxía a que determina se a comunicación é auténtica ou non, senón o corazón do home e a súa capacidade para usar ben os medios á súa disposición. A contorna dixital é unha praza, un lugar de encontro, onde se pode acariñar ou ferir, ter unha proveitosa discusión ou un linchamento moral”. O Papa ten razón porque non se pode escribir ou emitir só en función do índice de audiencia, ou recorrer ao dereito indiscriminado de información sen ter en conta os demais dereitos da persoa. Non hai nada, que poida, por fascinante que sexa, escribirse, realizarse ou emitirse en prexuízo da verdade. Desgraciadamente, quizá sexa isto pedir demasiado a quen só conciben os medios para obter beneficios económicos sen consideracións morais, educativas ou culturais. Pero polo menos, é bo recordalo.

Mario Vázquez Carballo

Celebración de San Xoán de Ávila

Entrada pola Porta da Misericordia - copia

No día da festa de San Xoán de Ávila celebrada o día 10 de maio, o clero lucense gañou o Xubileo da Misericordia.

Programa

11:00 horas – Salón de actos do Seminario: Oración

Conferencia: Jesús de Nazaret en el camino teológico de J. Ratzinger. O Decano de Teoloxía da Universidade San Dámaso, Gerardo del Pozo, fala da publicación conxunta na BAC dos tres volumes sobre Xesús de Nazaret escritos polo Papa emérito (foto inferior).

12:30 horas – S.I. Catedral Basílica: Eucaristía

14:00 horas – Seminario Diocesano: Xantar

 

conferencia san xoán de ávila

Xubileo dos operarios e voluntarios da misericordia

Xubileo dos operarios e voluntarios da misericordia

O 5 de maio os operarios e voluntarios da misericordia da Diocese de Lugo gañaron o xubileo na Catedral, co seguinte horario. Ás 19:15h peregrinaron cara á Porta da Misericordia, con parada previa na porta norte da Catedral. Ás 19:30 foi a entrada pola Porta da Misericordia e ás 20h a celebración da Eucaristía, presidida polo bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco e cantada polo Orfeón Lucense.

Mercado solidario do grupo de maiores de Santiago A Nova

historia_5

O grupo de persoas maiores da Parroquia de Santiago A Nova (Lugo) abre o 7 de maio o Mercado solidario de manualidades e produtos ecolóxicos. A recadación irá destinada aos pobres. Neste 2016 celébrase o Ano da Misericordia que invita á compaixón e á solidariedade cos nosos irmáns desprotexidos. O grupo de maiores da Nova aproveita esta ocasión para facer chegar a súa gratitude a cantas persoas veñen apoiando este fin solidario. Ademais invítase a colaborar na medida das posibilidades de cada un á entrega de artigos, donativos e compras para a próxima exposición e venda, que estará situada na sancristía da parroquia, a carón de Correos na rúa San Pedro, de Lugo. As colaboracións xa se están entregando na secretaría da parroquia, deixando nota da persoa que as aporta. 

Congreso de educadores católicos sobre a cuestión relixiosa nas redes sociais

Congreso educadores

A Facultade de Formación do Profesorado de Lugo acolle o sábado 7 maio o VI Congreso de Educadores Católicos, que, baixo o título “EnredaDeus. O relixioso nas redes sociais” terá o seguinte programa:

  • 9:30  Recollida de documentación e oración
  • 10  Conferencia: Homo digitalis. Radiografía de un estilo

    Dr. Francesc Torralba, Universidade Ramón Llull (Barcelona)

  • 11:30  Pausa
  • 12 Conferencia: La experiencia estética, ética y religiosa en la red

    Dr. Francesc Torralba

  • 16  Homenaxe aos nosos centros.

    Colexio A Milagrosa. Educando dende as novas tecnoloxías

    Ana Castelo Pacio, Directora Pedagóxica

  • 17:00  Conferencia: A Diocese de Lugo no mundo dixital

    José Manuel Castro Alba, Delegado de Medios de Comunicación na Diocese de Lugo e Manuel Varela, responsable da Axencia A Nosa Voz

  • 19:00  Avaliación
  • 20:00  Clausura do congreso

A organización corre a cargo das Delegacións diocesanas de Ensino e de Pastoral Universitaria.

A %d blogueros les gusta esto: