Aniversario da igrexa parroquial de A Milagrosa (Lugo)

Milagrosa

Hai 70 anos poñíase a primeira pedra da igrexa de A Milagrosa (Lugo). O 23 de febreiro de 1946 o bispo Rafael Balanzá bendixo o lugar e co arquitecto Ruperto Sánchez Núñez colocou a primeira pedra da igrexa da Milagrosa.

Con este motivo hai unha celebración o 14 de maio co seguinte programa:

  • 19 h  Misa de acción de grazas
  • 19:45 h  Rememorando “70 anos de Historia viva”
  • 20:15 h  Actuación de “Antigos Tunos”, procedentes de varios lugares de España.

Novo tomo da Colección Diplomática de Ventura Cañizares

4 tomo da coleccion diplomatica de Cañizares

Publicacións Diocese de Lugo vén de publicar Colección Diplomática IV (1138-1668) de Ventura Cañizares del Rey. A edición da obra corre a cargo de Manuel Rodríguez Sánchez, Óscar González Murado e María Luisa Doval García. Os textos recollidos neste volume son bulas papais e documentos reais. Entre eles destaca o documento de 1668 que fundamenta a razón de ser da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na infraoitava de Corpus.

Ventura Cañizares, párroco en Lalín e coengo en Lugo, deixou unha excelente colección manuscrita de centos de documentos transcritos. 

Festas de San Eufrasio no Val do Mao

San Eufrasio

O sábado 14 de maio termina a novena que se celebra en honra a San Eufrasio. Ademais, haberá unha gran sesión de fogos de artificio, un popular sardiñada-churrascada e coa orixinalidade de que un castiñeiro centenario converterase en fonte de viño.

O día 15 pola mañá haberá misas rezadas e ás 13:30h será a Misa solemne, presidida por José Lebón, cóengo e veciño da Parroquia. Despois ten lugar a procesión con numerosas imaxes que acompañan ao patrón solemnizado. O luns repítese practicamente o mesmo programa. Este ano a organización dos festexos corre a cargo do barrio novo de Veiga.

Hai un mes La Voz de Galicia publicaba unha información sobre a ruta que durante séculos facían os peregrinos que se desviaban do Camiño Francés para visitar o santuario de San Eufrasio, na igrexa parroquial de Santa María do Mao.

Peregrinacións parroquiais a Andalucía

andaluc

Cincuenta e tres persoas, entre fregueses da Parroquia de San Froilán e amigos, do 13 ao 17 de maio convivirán e coñecerán lugares novos e importantes da historia. Estarán en Sevilla e Huelva, con paradas en Guadalupe e Salamanca. Visitarán a casa das Irmás da Cruz en Sevilla, e haberá momentos de especial recordo a Santa Ángela da Cruz e Santa María de la Purísima. Coa esperanza de que todo isto tamén axude a atoparse con Deus e a ter uns días de asueto. O domingo, día de Pentecostés, celebrarase a Eucaristía no mosteiro franciscano de La Rábida, en Palos de la Frontera, onde Cristóbal Colón preparouse para a súa longa viaxe en busca das Indias.

A Parroquia de A Nova organiza unha viaxe -“El embrujo del sur”- no que 44 persoas partiron na mañanciña do 12 de maio cara a Córdoba con parada en Aranjuez para visitar esta localidade. A partir do día 14 fanse visitas aos seguintes lugares: Medina Azahara (día 14), Granada (día 14), Toledo (días 16 e 17 de maio).

Peregrinación da imaxe da Inmaculada Xove na Diocese de Lugo

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

A Inmaculada Xove, de sor Isabel Guerra, símbolo da Pastoral Xuvenil de España está no colexio Mª Auxiliadora de Lugo. O delegado de Pastoral Xuvenil, José Antonio Adrio, guía algunhas das oracións da mañá que están facéndose esta semana (9-12 de maio) co alumnado. O 11 de maio pode visitarse na capela do Colexio entre as 17 e as 18h. Ese mesmo día pola noite estará na Capela Universitaria (Casa Diocesana de Exercicios).
Esta imaxe da Virxe foi encargada pola Conferencia Episcopal Española á artista Isabel Guerra para que percorra as dioceses de España, unindo en oración a miles de mozos. Comezou a súa andadura a partir do Encontro xuvenil Ávila 2015 e de Lugo irá a Tui-Vigo e logo a Málaga.

A %d blogueros les gusta esto: