Xubileo dos catequistas

23abril - catequistas

O vindeiro sábado 23 de abril terá lugar a peregrinación á Catedral dos catequistas da Diocese, pois serán os que gañen o xubileo ese día ao mesmo tempo que celebran a súa asemblea anual. Ás 11 da mañá no Seminario diocesano haberá unha conferencia a cargo do Jesús Martínez Carracedo, director do departamento de saúde da Conferencia Episcopal. Ás 12 e cuarto sairán cara á Catedral para entrar nela pola porta da misericordia e ás 13h presidirá a Eucaristía o bispo. Mons. Alfonso Carrasco.

Vixilia de oración na Catedral, pola campaña “Enlázate pola xustiza”

4 abril día 21 vixilia

Dentro da campaña “Enlázate pola xustiza”, CONFER, REDES, CÁRITAS e MANS UNIDAS en Lugo, organizan unha Vixilia de oración. Será o xoves 21 de abril ás 18 horas na Catedral Basilica.

É unha Vixilia de oración que se celebra simultáneamente en multitude de cidades de España. A vixilia persegue a sensibilización das comunidades locais cunha mirada á realidade dos empobrecidos.

As organizacións convocantes denuncian o modelo de desenvolvemento e a cultura do descarte que provoca unha desigualdade crecente.

Acábanse os curas e/ou os habitantes de Lugo?

Con frecuencia atopamos escritos nos xornais que falan da diminución  dos curas e afirman que a Igrexa Católica se está quedando sen curas e que, por tanto, estes son unha especie en vías de extinción. Esta visión pesimista pode ser verdade se só ollamos o mundo que temos diante dos narices. Aquí imos mirar a realidade cunha perspectiva máis ampla:

1º. Na Igrexa Católica os curas non están en descenso, nin moito menos, pois se vemos o número de curas dos últimos anos temos que: en 1985 había 407.458 sacerdotes, no 2001 xa eran 409.716 e no 2012 pasouse a 418.550 polo que se refire a suma dos bispos, máis clero secular e clero regular.

Con estes datos, quen pode soster que se acaban os curas na Igrexa Católica? E iso que non incorporamos á suma os Diáconos Permanentes, nos que a súa evolución neses anos é: 12.541 en 1985, 29.204 en 2001 e 40.914 no 2012.

Si é verdade que a proporción dos cregos de ordes relixiosas (clero regular) diminuíu de 150.161 en 1985 a 138.619 no 2001 e 135.072 no 2012, pero o aumento do clero secular compensa e fai que o número total sexa maior. Isto dá para unha interesante reflexión que non hai espazo aquí para facer.

2º. Si é verdade que descendeu moito o clero na diocese lucense e tamén nas outras de Galicia. Pero non é menos certo que tamén está xa a descender a poboación, que centrándonos só na provincia de Lugo temos que en 1940 eramos 545.128 habitantes, en 1981 baixamos a 405.365 e no 2010 xa somos só 353.504 e menos mal que lles sumamos 14.176 inmigrantes estranxeiros.

Ler máis

Peregrinación de parroquias do Páramo á Catedral

 

Xubileo parroquias do Páramo 3 - copia

O 17 de abril máis de 70 persoas de sete parroquias do Páramo peregrinaron á Catedral de Lugo para gañar o Xubileo no actual Ano da Misericordia. Ás 11:30 h concentráronse na Praza de Santa María, onde os recibíu o bispo, mons. Alfonso Carrasco e o deán da catedral, Mario Vázquez, quen despois dunha explicación dos ritos do xubileo e o significado da entrada pola porta santa, presidíu a celebración eucarística, concelebrada polo párroco, José Manuel Castro. Rematada a Misa, visitaron a Catedral e, no claustro, o cóengo César Carnero, fixo un percorrido pola historia da mesma. A continuación compartiron  un xantar de confraternidade.

Viaxe a Zamora con motivo do 125 aniversario do falecemento de D. Luis de Trelles

Adoración Nocturna sepuclro de Luis de Trelles catedral Zamora

O sábado 16 de abril, o Consello Diocesano da Adoracion Nocturna organiza un desprazamento a Zamora co fin de participar na Vixilia Nacional Conmemorativa dos 125 anos do falecemento do fundador D. Luis de Trelles. Os seus restos mortais repousan na Catedral da citada cidade. Esta Vixilia dará comezo ás 8 da tarde, pero antes, a partir das 18,30 horas, terá lugar no citado templo a Ofrenda Floral que vén celebrándose cada ano organizada pola activa Fundación de Trelles.

A %d blogueros les gusta esto: