Hai acontecementos na Igrexa que non chegan fácilmente ao pobo de Deus e á sociedade en xeral. Mea culpa. É certo que as boas noticias non adoitan ocupar grandes titulares nos medios de comunicación. Por iso a boa noticia do Xubileo Extraordinario da Misericordia convocado polo Papa Francisco tampouco o foi aínda para unha gran maioría dos mortais. Ou non o foi ou non quixeron, algúns, entendelo así. Para mostra, abonda con ler algunhas manifestacións de cidadáns considerados cultos, próximos a temas como os Camiños de Santiago, que confunden aos Pacos cos Pepes e aos anos santos xacobeos cos xubileos extraordinarios emitindo, por iso, xuízos descalificadores cara á Igrexa. É verdade que algo teñen en común, pero son cousas distintas. Aclaremos algúns conceptos a este respecto. Denomínase Ano Santo Xacobeo aquel que o 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo, cae en domingo. Como é sabido, isto sucede cunha cadencia regular de 6-5-6-11 anos (excepto cando o último ano dun século non é bisesto, que poden darse tempos de 7 ou 12 anos), de modo que en cada século celébranse catorce anos santos xacobeos. Pero o Ano Santo Xacobeo, de momento, non podemos celebralo aínda. Hai que esperar ata o 2021.
En canto ao Xubileo Extraordinario da Misericordia resulta que o Papa Francisco, a quen ben lle poderiamos chamar o Papa da Misericordia, xa no seu primeiro Angelus na Praza de San Pedro fixo referencia a un libro dun dos seus cardeais, un “gran teólogo” dixo, que lle reforzou na súa convicción de que a misericordia cambia o mundo e de que Deus non cansa de perdoar. O libro en cuestión é de W. Kasper, A misericordia. Clave do Evanxeo e da vida cristiá, (Sal Terrae, Santander 2012). E oportunamente, este Papa, recordou e recorda ao mundo, con moita frecuencia, que a misericordia cóntase entre os máis importantes atributos de Deus. Como é raro que un Papa recomende públicamente un libro, podía pensarse que o tema da misericordia constituiría unha das claves do novo papado, como xa o foi dos anteriores. E sucedeu que o Papa Francisco o día 11 de abril deste ano, Vixilia do Segundo Domingo de Pascua ou da Divina Misericordia, con motivo dos 50 anos do Concilio Vaticano II, sorprendeunos coa publicación da Bula Misericordiae Vultus (O Rostro da Misericordia) coa que anunciou para todo o mundo un Xubileo Extraordinario da Misericordia. O Papa, partindo de afirmación fundamental de que Deus é rico en misericordia, compasivo e infinitamente perdonador, propón unha Igrexa de portas abertas (apertura da Porta Santa da Misericordia en todas as catedrais do mundo; en Lugo, o día 13 de decembro, abrirase a porta da Capela de San Froilán, situada na fachada principal da Catedral) que sexa fogar de misericordia entrañable no mundo. Unha Igrexa que practique con prontitude as obras de misericordia, especialmente nos espazos e ámbitos máis necesitados desta, tales como a convivencia social. En efecto, o perdón dos pecados e a reconciliación con Deus e os irmáns é unha das tarefas fundamentais do hospital de campaña; a preocupación polos pobres e excluídos e a presenza no mundo da dor, da enfermidade e do sufrimento. Invítasenos, pois, a realizar experiencias de fe e misericordia, peregrinando, practicando as obras de misericordia, pasando pola Porta da Misericordia nas nosas catedrais, participando no sacramento do Perdón e da Eucaristía, intensificando a nosa vida de oración e dando testemuño dunha vida santa.
J. Mario Vázquez Carballo.
Vicario Xeral da Diocese de Lugo.
Gústame esto:
Gústame Cargando...