Recollida de xoguetes en San Clodio, Quiroga. Ata o día 21 de decembro as parroquias de Quiroga e San Clodio recollen xoguetes novos ou usados en bo estado coa finalidade de distribuílos despois a través da Cáritas interparroquial de San Clodio-Quiroga.
Confraría Nosa Señora do Pedregal (Meira) Continúan o día 13 co taller de manualidades iniciado o domingo anterior. Confeccionan un boneco solidario que se poderá comprar o domingo 20 de decembro (feira) no posto da confraría. Coa súa compra, a un prezo asequible, axúdase a xente necesitada.
Cáritas interparroquial de Silleda organiza os días 19 e 20 diante da igrexa un mercado de pasteis, licores, conservas e outros produtos artesanais.
Parroquia de San Francisco Xavier, Lugo: festival o sábado 12 ás 17 na igrexa. Sortéase unha cesta de Nadal e o recadado será a prol de Cáritas parroquial.
Cáritas parroquial de Santiago A Nova (Lugo) organiza unha recollida de alimentos os días 11 e 12 deste mes.
O día 13 ás 20.30h terá lugar en Santiago A Nova o Concerto de Nadal, que contará coas actuacións de Cantar Delas e o Coro parroquial de voces brancas.
Na igrexa de S. Froilán, Lugo, o 12 de decembro ás 20,30 h. actúan a Coral Ecos do Miño Astelu (Misa) e Orfeón Xoán Montes (Concerto).
Na igrexa de igrexa de S. Lourenzo de Albeiros o 13 de decembro, ás 12,45 h. Coral Cantar Delas (Misa) e Conxunto Vocal Lugh, (Concerto). Tanto nesta actuación como na anterior recóllense alimentos para ser distribuídos por Cáritas