O día 28 o Seminario celebrou a festa de Santo Tomé de Aquino. Os actos comezaron ás sete da tarde cunha Eucaristía na capela maior presidida polo Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco. E sobre ás oito na aula magna do centro houbo unha conferencia sobre “Santa Teresa, Mestra de Experiencia” a cargo do especialista en Santa Teresa de Xesús e editor das súas obras, o P. Salvador Ros García ocd.
Mes: Xaneiro 2015
Xornada da Pastoral da Saúde de Galicia
As Delegacións de Pastoral da Saúde das Dioceses galegas organizan a XVI Xornada de Formación para Capeláns e axentes de pastoral dos Servizos Relixiosos de Hospitais e Residencias.
Terá lugar o luns 26 de xaneiro, na de Casa de Exercicios Espirituais de Santiago (zona Campus Sur), de 10 a 14h
O conferenciante será D. Jesús María Fernández Rodríguez, sacerdote diocesano de Tui- Vigo. Presidirá a Xornada D. Alfonso Carrasco, Bispo responsable da Pastoral da Saúde nas dioceses galegas. Tamén estará presente o Director do Departamento de Pastoral da Saúde da CEE, D. Jesús Martínez Carracedo.
Luis de Trelles, máis preto dos altares
En 1994 iniciouse o proceso de beatificación, e o día 23 o Papa dá un paso importante coa aprobación dun decreto de virtudes heroicas de Luis de Trelles. Para que unha persoa sexa beatificada, o primeiro dos pasos é o das virtudes heroicas, (en canto se publiquese o decreto, Trelles será considerado venerable) e o segundo é declarar probado que Deus realizou un milagre pola súa intercesión.
Luis de Trelles e Noguerol, natural de Viveiro, foi dunha xenerosidade exemplar: na III Guerra Carlista, librou da morte ou do cautiverio a máis de 20.000 prisioneiros. Con iso adiantouse ao dereito Humanitario Internacional en máis de 50 anos.
Desde a fundación da Adoración Nocturna en España, Trelles dedicouse totalmente, a promover e organizar a obra, (abriu máis de 50 centros), ata a súa morte en 1891.
Vin onde viviu o Señor
O domingo regresei da viaxe a Terra Santa. Nunca viaxara tan lonxe nin tantos días. Recoñezo que foi unha viaxe moi cansa, pero, ao mesmo tempo, moi interesante en todos os sentidos: espiritual, teolóxico, cultural e de convivencia.
A distancia a Terra Santa é moi grande, por iso é polo que a estancia alí fóra de tantos días. Había que aproveitar para visitar os máximos lugares posibles, e así o intentamos facer.
Alí atopeime con algo do que oín falar centos de veces, quizais miles. Moitos dos lugares bíblicos, sobre todo do Novo Testamento, facíanse reais. Ciertamente, algúns están moi modificados polo paso de 2000 anos e as 10 destrucións completas que sufriu a cidade de Jerusalén; ou polo crecemento desta. Outros están igual mque o tempo bíblico, é o caso do Monte Nebo, o Lago de Galilea, ou ata o lugar do bautismo de Jesús.
Dos Santos Lugares vistos, quedaríame co Lago de Galilea e a súa contorna. Ademais de estar como sempre, favorécelle moito o feito de que a súa contorna non está demasiado urbanizado a excepción do lóxico crecemento da cidade de Tiberiades.
Actos na Diocese a prol da unidade dos cristiáns
Martes 20 de xaneiro, ás 20:00, no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, mesa redonda Os cristiáns ante a corrupción, integrada polo médico, teólogo e membro da Alianza Evanxélica Española, Manuel Suárez (segundo pola esquerda), e polo doutor en teoloxía, licenciado en historia e profesor de secundaria, Íñigo Arranz (segundo pola dereita). Foron presentados polo pastor evanxélico Marcos Zapata (esquerda) e polo Delegado de Apostolado Segrar Alfredo Losada (dereita). Manuel Suárez reclamou máis protagonismo para a sociedade civil e Íñigo Arranz baseou a súa intervención en 5 conceptos: paixón, compaixón, razón, liberdade e acción.
Sábado 24 de xaneiro, ás 19:00, celebración ecuménica na igrexa parroquial da Régoa, de Monforte de Lemos.
Domingo 25 de xaneiro, ás 17:30, celebración ecuménica na parroquia de Santiago A Nova, de Lugo. Despois, compartirase unha merenda na igrexa evanxélica Boas Noticias, na rúa Emilia Pardo Bazán, 4-6 (a carón da capela de San Roque).