O Sínodo: familia e evanxelización

 

A misión de predicar o Evanxeo a toda a humanidade foi confiada directamente polo Señor aos seus discípulos e a Igrexa é quen leva adiante tal misión na historia. No tempo que estamos vivindo, a evidente crise social e espiritual chega a ser un desafío pastoral, que interpela a misión evanxelizadora da Igrexa para a familia, núcleo vital da sociedade e da comunidade eclesial. A proposta do Evanxeo sobre a familia neste contexto resulta particularmente urxente e necesaria. A importancia do tema xorde do feito que o Santo Padre decidiu establecer para o Sínodo dos Bispos un itinerario de traballo en dúas etapas: a primeira, a Asemblea Xeral Extraordinaria do 2014, ordenada a delinear o “status quaestionis” e a recoller testemuños e propostas dos Bispos para anunciar e vivir de xeito crible o Evanxeo da familia; a segunda, a Asemblea Xeral Ordinaria do 2015, para buscar liñas operativas para a pastoral da persoa humana e da familia.

Hoxe preséntanse problemáticas inéditas ata fai uns poucos anos, desde a difusión de parellas de feito, que non acceden ao matrimonio e ás veces exclúen a idea do mesmo, ás unións entre persoas do mesmo sexo, ás cales a miúdo é consentida a adopción de fillos. Entre as numerosas novas situacións, que esixen a atención e o compromiso pastoral da Igrexa, abondará recordar: os matrimonios mixtos ou interrelixiosos; a familia monoparental; a poligamia, en varias partes do mundo; os matrimonios concordados coa conseguinte problemática do dote, ás veces entendido como prezo para adquirir a muller; o sistema das castas; a cultura da falta de compromiso e da presuposta inestabilidade do vínculo; formas de feminismo hostil á Igrexa; fenómenos migratorios e reformulación da idea de familia; pluralismo relativista na concepción do matrimonio; influencia dos medios de comunicación sobre a cultura popular na comprensión da celebración do casamento e da vida familiar; tendencias de pensamento subxacentes na propostas lexislativas que desprezan a estabilidade e a fidelidade do pacto matrimonial; a difusión do fenómeno da maternidade subrogada (aluguer de úteros); novas interpretacións dos dereitos humanos. Pero, sobre todo, en ámbito máis estrictamente eclesial, a debilitación ou o abandono de fe na sacramentalidade do matrimonio e no poder terapéutico da penitencia sacramental.

A partir de todo isto compréndese a urxencia coa cal o episcopado mundial, cum et sub Petro, considera atentamente estes desafíos. Por exemplo, se só se pensa que no actual contexto moitos nenos e mozos nados de matrimonios irregulares non poderán ver xamais aos seus pais achegarse aos sacramentos, compréndese o grado de urxencia dos desafíos postos pola situación actual, doutra banda difundida ampliamente na “aldea global”, á evanxelización.

Esta realidade presenta unha singular correspondencia coa ampla acollida que está tendo nos nosos días o ensino sobre a misericordia divina e sobre a tenrura en relación ás persoas feridas, nas periferias xeográficas e existenciais: as expectativas que se derivan diso achega das decisións pastorais sobre a familia son moitas. Polo tanto, unha reflexión do Sínodo dos Bispos sobre estes temas parece tanto necesaria e urxente, canto imperativa, como expresión da caridade dos Pastores, non só fronte a todos aqueles que son confiados a eles, senón tamén fronte a toda a familia humana.

(Ver documento completo en Lvcensia, nº48)

 

Primeiros actos con motivo do DOMUND

Sábado 11

  • Hospital de Lugo. Saúdo aos enfermos por parte dos misioneiros, que animarán a vivir a misión

  • 14h: Encontro cun grupo de sacerdotes

  • 19h Novena a San Xosé María de Suegos na igrexa de San Pedro, Lugo

Domingo 12

  • Parroquias da serra do Caurel: A vida rural e a misión ad gentes

  • 18h Novena

Luns 13

  • 8.45-9.35h: Instituto público Virxe dos Ollos Grandres. 1º ESO

  • 10h: Radio

  • 11.45-14.15: Colexio María Auxiliadora. Infantil, primaria e ESO

  • 16:30h: Oración no mosteiro das MM. Salesas. A misión e a contemplación. A figura de Santa Teresita de Liseaux

  • 19h: Novena

  • 20h: Encontro con matrimonios e responsables de pastoral familiar en San Francisco Xavier: Como ser unha familia aberta á misión ad xentes

  • [Máis información]

Somos un pobo que camiña

O día 12 de outubro celebramos a festa relixiosa da nosa Señora do Pilar e a festa civil do Día da Hispanidade. É habitual que a Igrexa, por medio das festas dos santos ou da Virxe María, estea presente nos grandes acontecementos da sociedade civil. O que é importante para as persoas tamén o é para Deus. Como este ano coincide en domingo, teremos a oportunidade de celebrar máis conscientemente a dimensión relixiosa.

Este ano celebraremos este día coa sensación de que iso da hispanidade é un concepto que non está demasiado claro. Parece que o desexo de independencia dalgunhas comunidades autónomas e grupos de pensamento contrasta coa globalización que actualmente predomina no mundo.

Xa case non hai fronteiras para a información nin para os produtos de consumo, pero cada vez hainas maiores para as persoas. Estamos utilizando a riqueza das distintas linguas e tradicións culturais para separarnos, no canto de unirnos.

A palabra “Hispanidade” fálame dun pobo que camiña unido e ao que nin a inmensidade do océano conseguiu poñer fronteiras. Pero actualmente teño a sospeita de que non é así.

Tanto as ideas de ‘hispanidade’, referida á sociedade civil, como a de ‘comunidade’, referida aos membros da Igrexa e seguidores de Xesucristo, non están moi de moda.

Preferimos facer sós o camiño porque tememos contaminarnos dos “ébolas” dos demais, ou que a oración, se é de moitos e por moitos xuntos, non chegue suficientemente a todos.

Como sempre, podemos acudir á Virxe María, na advocación do Pilar. Ela, sempre atenta aos seus fillos, mostraranos o camiño que leva a Xesucristo.

Déixovos dúas cancións que me inspiraron a reflexión anterior:

http://www.youtube.com/watch?v=VJulvJVzeuI

http://www.youtube.com/watch?v=IVrKSK7l9jY

Miguel Ángel Álvarez

A %d blogueros les gusta esto: