Feira Internacional “Apostolus” de artigos relixiosos

APOSTOLUS, a primeira Feira internacional de artigos, arte e itinerarios relixiosos e culturais celebrada en Galicia, comeza o sábado 19 no Mosteiro de San Martín Pinario. O Arcebispo D. Julián Barrio, inaugurará a Feira o sábado 19, ás 11.00h, no Claustro do Mosteiro.

Máis de 30 expositores nacionais e de países como Alemaña, Italia, Grecia, Polonia e Portugal mostrarán antigüidades, retablos e imaxes relixiosas, proxectos editoriais, itinerarios turísticos e rutas espirituais, técnicas de escaneado dixital de obras de arte, calefacción para igrexas, lampadarios electrónicos…

Durante catro días será o punto de encontro entre expositores nacionais e internacionais co clero, as confrarías, profesionais do sector e público en xeral.

O evento impulsará a creación de sinerxías e a exportación a outros países. Ademais, suporá un observatorio de tendencias no deseño litúrxico, na renovación de espazos culturais e sagrados ou rutas.

Homenaxe a don José Regal en Sarria

Homenaje a don José Regal

Homenaje a don José Regal

Máis de duascentas persoas acudiron o domingo 13 de julio á homenaxe a don José Regal, párroco de O Rosario de Sarria, con motivo das súas vodas de ouro sacerdotáis. A igrexa parroquial acolleu unha celebración eucarística a que acudíu o Vicario Xeral, Mario Vázquez en representación do Bispo. Na foto superior aparece tamén o alcalde de Sarria que non quixo perderse este evento.

Saír do habitual para despois atopar a Deus na vida cotiá

A semana pasada tiven uns días de descanso e a ocasión de volver contemplar a grandeza da creación mirando a inmensidade do mar e as aínda verdes cores da montaña. Deixar as actividades do día a día, poder estar cos amigos que ves menos veces e pasear sen ruídos artificiais tamén axuda a achegarse a Deus.

 Isto mesmo serve para outras dimensións da nosa vida. É importante atopar a Deus na vida cotiá, pois é onde empregamos a maior parte do noso tempo.

 Pero ás veces necesitamos saír do habitual, precisamente para poder atopar a Deus despois na vida de cada día.

 Non gañariamos nada “queimándonos” por un exceso de traballo ou de preocupacións. Necesitamos relativizar o que é relativo. Parece algo obvio, pero non sempre o facemos. Máis ben relativizamos o absoluto e absolutizamos o relativo. Parece un trabalinguas, seino. Tamén se pode dicir doutra forma: facemos o urxente e esquecemos o importante.

 Todo o tempo gastado en buscar a Deus non é perdido. É o mellor investimento que podemos facer. Porque con Deus a nosa vida terá sentido e os nosos problemas ocuparán só o seu xusto lugar.

 Deixo unha ligazón para escoitar unha canción que pode animarnos a buscar a Deus dunha forma nova. Espero que  guste. Titúlase “Si supieras como te amo”

Miguel Ángel Álvarez Pérez

 

A %d blogueros les gusta esto: