O 4 de xuño de 1964 era o día da Oitava de Corpus e ese día nacía oficialmente Cáritas Lugo. Para celebrar este cincuentenario escolleuse como lema 50 anos de encontros, porque non se trata só de axudas, servizos, actividades cara aos pobres, senón que se trata de encontros entre persoas que son libres e responsables. Iso significa que toda persoa é capaz, ten dereito a tomar decisións na vida. Desde Cáritas apóstase polo protagonismo do ser humano. A vida humana está chamada ao encontro solidario e realízase nese encontro.
Para simbolizar a Cáritas hai unha cruz e 4 corazóns. A cruz é signo do maior xesto de solidariedade na historia da humanidade; é dicir todo un Deus que se abaixa ata o máis fondo para acoller aos que están máis no fondo, máis excluídos, para chamalos á vida.
Cada un dos 4 corazóns simboliza: 1) eclesialidade: Cáritas non se entende sen a Igrexa, 2) o amor vivese organizadamente 3) servizo: poñer o amor ao servizo dos demais; 4) e o corazón máis grande simboliza a acollida ás persoas que chegan a Cáritas e o acompañamento.