Está a celebrarse a Novena a Nosa Sra. de Fátima na parroquia de San Pedro. Os actos comezan ás 18:30 co rezo do Rosario, e novena. Ás 19h é a Eucaristía, presidida por Alejandro Pin Díaz. O día 13, a misa dos enfermos será ás once e media da mañá, con administración da Santa Unción.
Mes: Maio 2014
Galería fotográfica do IV Congreso de Educadores Católicos
Co lema Educar para ser felices, o 3 de maio no Gran Hotel Lugo celebrouse o IV Congreso de Educadores Católicos, organizado polas Delegacións Diocesanas de Ensino e de Pastoral Universitaria. Abríu as xornadas a conferencia de D. Benigno Blanco Rodríguez, Presidente do Foro Español da Familia. A continuación houbo unha mesa redonda sobre “Experiencias Educativas”
- Proxecto Educativo dun colexio singular, historia e actualidade, Dna. Enyd Fernández López, Directora do Colexio Ferroviario de Monforte de Lemos
- Apuntes sobre o labor educativo de Cáritas-Lugo. 50 anos de historia Dna. Ana María Veiga González, do Programa de Infancia e Xuventude de Cáritas
- A ilusión polo educación dun sacerdote singular. D. Vidal López Ferreiro. O proxecto educativo do Colexio María Inmaculada. Historia e actualidade. D. Luis Fernández Eiré, Director do Colexio María Inmaculada de Silleda
Despois do xantar Xantar houbo unha sobremesa Máxica con Nacho e unha homenaxe a educadores ilustres, para clausurar as xornadas ás 17:00 a a cargo do Xefe territorial da Consellería de Educación en Lugo, D. José Ramos Ledo e do Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco
Mercado solidario na parroquia Santiago A Nova
O grupo de Maiores e Xubilados da parroquia A Nova organiza unha exposición e venda de produtos artesanais cuxa recadación será destinada a colaborar con Cáritas para socorrer necesidades dos pobres. Este mercado solidario é o día 3 de maio na antiga Sancristía da parroquia Santiago A Nova.
Xornada especial de Adoración ao Santísimo Sacramento
Comezará ás 9 h na Catedral de Lugo o sábado 3 de maio e terminará ese día ás 20 h cunha Eucaristía presidida polo Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco
Por primeira vez seguirase durante o día o mesmo esquema de adoración que seguen as quendas que velan ao Santísimo Sacramento durante a noite na catedral de Lugo
Organízase esta Xornada coa intención de revitalizar o culto ao Santísimo, dar a coñecer o labor da Adoración Nocturna e de animar aos lucenses a unirse á adoración.
Ademais dos membros adoradores das quendas de Adoración Nocturna participarán grupos de persoas de movementos de apostolado, Camiño Neocatecumenal, Lexión de María, Seminario diocesano, parroquias da cidade e todos aqueles lucenses que se queiran unirse a esta excepcional xornada.
IV Congreso de Educadores Católicos
Co lema Educar para ser felices, o 3 de maio no Gran Hotel Lugo celebrarase o IV Congreso de Educadores Católicos, organizado polas Delegacións Diocesanas de Ensino e de Pastoral Universitaria. O programa é o seguinte:
– 10:30 Saúdo de benvida e oración
– 11:00 Influencia da ideoloxía de xénero na educación, por D. Benigno Blanco Rodríguez, Presidente do Foro Español da Familia. Avogado de Profesión
– 12:00 Descanso
– 12:30 Mesa redonda: Experiencias Educativas
Proxecto Educativo dun colexio singular, historia e actualidade, Dna. Enyd Fernández López, Directora do Colexio Ferroviario de Monforte de Lemos
Apuntes sobre o labor educativo de Cáritas-Lugo. 50 anos de historia Dna. Ana María Veiga González, do Programa de Infancia e Xuventude de Cáritas
A ilusión polo educación dun sacerdote singular. D. Vidal López Ferreiro. O proxecto educativo do Colexio María Inmaculada. Historia e actualidade. D. Luis Fernández Eiré, Director do Colexio María Inmaculada de Silleda
– 14:00 Xantar
– 16:00 Sobremesa Máxica con Nacho
– 16:30 Homenaxe a educadores ilustres
– 17:00 Clausura a cargo do Xefe territorial da Consellería de Educación en Lugo, D. José Ramos Ledo e do Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco