Hoxe celebramos a festa de San Xoán de Ávila, patrón do clero secular español. En moitas dioceses de España, por este día, faise unha homenaxe fraternal aos compañeiros sacerdotes que cumpren 25 ou 50 anos de sacerdocio, anos de vocación e de entrega.
Deus chámanos a todos á vida para que a vivamos dunha forma concreta: no matrimonio, no sacerdocio, na contemplación, no servizo aos pobres e aos máis débiles. En definitiva, unha vida de entrega a Deus nos demais.
Hoxe celebramos as vodas de ouro de 12 sacerdotes da nosa Diocese, pero non só iso, con eles, e grazas ao seu humilde servizo, moitos lucenses tiveron, durante 50 anos, o alimento da Palabra de Deus e da Eucaristía que lles ofreceron as mans destes sacerdotes.
Por este motivo hoxe todos estamos de parabéns. É un día para festexar 50 anos de presenza de Deus nas nosas vidas, e para agradecer o don da fe, o don da vocación, e, en concreto, o don do sacerdocio.
Miguel Ángel Álvarez Pérez
Párroco de San Froilán
Gústame esto:
Gústame Cargando...