Iniciativa misioneira na parroquia de San Antonio de Padua

parroquia San Antonio Lugo 2

Na parroquia lucense de San Antonio poñen en marcha unha iniciativa misioneira, que permitirá aos nenos coñecer que se experimenta cando se axuda a outros nenos que o necesitan. Poderán comprobar que facer felices aos demais co seu granciño de area non ten prezo.

Como primeiro paso que dá comezo a esta iniciativa, hai unha Vixilia de carácter misioneiro  o 26 de abril (sábado) ás 20:30 .

Posteriormente, adícase o mes de maio como mes das misións, e comézanse unha serie de talleres para nenos o día 11 de maio despois da misa das 11:00 da mañá, e continuará á mesma hora os días 18 e 25 de maio. Nestes talleres haberá cinema, contacontos, manualidades…. e até haberá carnés! Colabora a Delegación de Misións.

 

Preparativos da Xornada das Vocacións Nativas

27 abril Vocacións Nativas galego

O xoves 24 e o venres 25 ás 17:30 h. haberá na parroquia San Francisco Xavier catequese con nenos de primeira comuñón para preparar a Xornada das Vocacións Nativas.

Na salón parroquial da mesma igrexa, o venres 25 ás 20h hai un coloquio co tema Por que é necesario que colaboremos coas Vocacións Nativas?. Finalízase cunha oración.

Vacacións-convivencia dos maiores de Samos en Castellón

Párrocos da zona de Samos levan 25 anos organizando unhas vacacións-convivencia feitas nun clima de amistade, humor e alegría. Nelas compártese o mellor de cada un. A boa convivencia fai medrar as gañas de vivir e de sentirse ledos. A organización da viaxe enfócase aos maiores, pero tamén poden participar outras persoas adultas que o desexen.

Este anos sáese de Samos o 23 de abril, con xantar e pernocta en Aranjuez. A residencia ata o día 29 será en Oropesa del Mar, unha vila típicamente mediterránea da costa do Azahar. Desde aquí visítanse Castellón, Peñíscola, Benicasim, Morella e aproveitando a viaxe de regreso, Cuenca.

O voluntariado de Cáritas

Caritas Lugo voluntariado

 Na Diocese de Lugo 202 voluntarios están vinculados ás Cáritas parroquiais, e 175 vinculados directamente ós programas executados dende os servizos xerais de Cáritas diocesana. O total representa un 96% do equipo humano da institución, polo que é base fundamental.

Desde Cáritas procúrase que o voluntariado teña características como as seguintes:

– comprometido no cambio social cara a unha sociedade máis xusta.

– capaz de organizarse e participar desde respostas colectivas fronte ao individualismo preponderante.

– coherente desde a acción realizada e que desde aquí crece como persoa e como cristián.

– a través da súa participación plasma valores como a solidariedade, a gratuidade, a igualdade.

– dispoñibilidade para a acción e para a formación, superando a barreira da boa vontade e promovendo unha acción de calidade.

 Na sede de Cáritas na rúa da Cruz, Margarita Romero, Nica, acolle ás persoas que desexan facerse voluntarias, de luns a venres entre as 10 e as 12.30.

 

Cáritas Lugo recoñece o labor dos voluntarios

Cáritas recoñece aos seus voluntarios

O 22 de abril, e dentro dos actos de Cáritas Lugo con motivo dos seus 50 anos de existencia, houbo un recoñecemento ao labor dos voluntarios. En representación de todos eles, foron 4 os que recibiron unha figura alusiva ao cincuentenario da institución: Rosario, Sofía, Jasmina e sor Trinidad. Esta última voluntaria, da congregación da Sagrada Familia de Burdeos, supera os 90 anos de idade e colabora no roupeiro.

Durante o acto, o director Ginés Plaza dixo que “os voluntarios son a base e o piar. Sen a actuación dos voluntarios non se comprendería nin se levaría a cabo a actuación de Cáritas. Sen eles, a actuación de Cáritas sería mínima. Pero temos a gran sorte, grazas a Deus, de que en Lugo temos cerca de 400 voluntarios. Son 400 persoas que colaboran para levar a cabo la actuación de Cáritas cos pobres, cos últimos, con aqueles irmáns nosos que o necesitan”.

A %d blogueros les gusta esto: