Este ano a celebración é o día 16, por ser laborable o día 19.
O Seminario, especialmente o Menor, é un ben moi grande que se ofrece ás familias e aos mozos. É un recurso educativo de primeira orde que pode resultar de gran interese para quen desexe unha educación cristiá integral, e, por tanto, tamén vocacional.
A Diocese lucense ten unha tradición de Seminario, e moi especialmente de Menor, longamente arraigada. Iso permitiu que neste momento, mentres outras dioceses pensan abrilo ou reabrilo, Lugo conte agora mesmo cun Seminario Menor activo, con 41 seminaristas, persoal e instalacións. É un recurso enorme á disposición da sociedade.
Este lugar educativo está pensado para que os mozos que na infancia ou a adolescencia senten a chamada ao sacerdocio poidan crecer e madurar. E para que outros moitos, que desexan unha educación cristiá, poidan recibila con este específico sentido vocacional.
Notas identificativas (especialmente do Seminario Menor):
– Unha comunidade cristiá-vocacional
– Un internado (preferentemente)
– Un centro de estudos (para cursar ESO e BAC)
– Unha realidade que existe en vistas ao Seminario Maior
Apostas:
– Unha formación académica de calidade
– Unha proposta clara da vida cristiá-eclesial-vocacional
– Un acompañamento persoal específico
[Máis información]
Gústame esto:
Gústame Cargando...