No seu 50 aniversario, Cáritas recoñece a colaboración de varias institucións

Institucións que reciben distintivo de Cáritas 1

O día 25 de marzo, ás 12 h na sede de Cáritas en Avda. Américas 93-97, o director de Cáritas diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fixo entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas ás seguintes institucións: Subdelegación do Goberno; Xunta de Galicia; Deputación de Lugo; Concello de Lugo; Delegación da Axencia Tributaria; Vicerreitorado de Lugo.

Con motivo do 50 aniversario de Cáritas diocesana de Lugo, esta organización quere ter un recoñecemento con todas aquelas persoas ou institucións que colaboraron activamente con eles no labor de axuda e solidariedade cos máis necesitados.

Na imaxe (de esquerda a dereita): o Vicerreitor da Universidade de Santiago, García Herradón; o Delegado en Lugo da Axencia Tributaria José MªNúñez; representante da Deputación, Regina Polín; o alcalde de Lugo, J. Clemente López, o director de Cáritas, Ginés Plaza, a Delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias; o subdelegado Goberno, Ramón Carballo Páez, e o Delegado episcopal de Cáritas, Antón Negro

Celebración do Corpiño de inverno

corpino_2

No santuario de Nosa Señora do Corpiño, na parroquia de Losón (Lalín), iniciouse o luns 17 a novena, que foi todos os días ás 18.00 horas e contou como predicador co párroco de Silleda, José Pérez Barreiro. O día grande, 25 de marzo, as eucaristías comezaron ás 9.00 horas, e a misa solemne foi ás 12.00, seguida de procesión. Houbo varios confesores para atender a quen desexaban recibir o Sacramento da reconciliación.

Encontro anual da Lexión de María

Lexión de María 595x

O mércores 26 os grupos da Lexión de María da cidade de Lugo (San Antonio de Padua, San Froilán, San Francisco Xavier) celebran o acies. O día da Anunciación do Señor ou un día próximo é cando se celebra o gran acto central do ano para a Lexión e María. No caso de Lugo, será da seguinte maneira: na parroquia San Francisco Xavier ás 16h, rezo do rosario e consagración individual e colectiva; ás 17 h Eucaristía presidida polo señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco e a continuación, un ágape.

Cursiños de cristiandade a partir do día 28

Para os días 28 e 30 de marzo están programados uns Cursiños de Cristiandade na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo. Están destinados  ás persoas insatisfeitas que queiran sacarlle máis á vida, a toda persoa que busque o sentido transcendente da súa vida, sexa cal for a súa forma de pensar e de sentir. Dada a súa forma de anuncio da Boa Nova, o Cursiño de Cristiandade diríxese non só aos crentes que buscan profundar na súa vida de fe, senón tamén a persoas indiferentes, non crentes ou afastadas.

25 de marzo, Xornada pola vida

Cartel Xornada pola vida

Os bispos da Subcomisión Familia e Vida da Conferencia Episcopal publicaron unha Nota, co título “Polos nenos; polos pais; polos avós: si á vida”, na que se incide na idea esperanzadora do lema do cartel. “Para España, para Europa e para o mundo -comezan dicindo- a apertura moralmente responsable á vida é unha riqueza social e económica. Grandes nacións puideron saír da miseria grazas tamén ao gran número e á capacidade dos seus habitantes”.

Na difícil conxuntura que atravesamos cómpre axudar económica e socialmente ás familias, pero non abonda. É imprescindible un “cambio de mentalidade e de vida que permita gañar a propia liberdade para doarse ao outro: doarse á esposa ou ao esposo, doarse aos fillos, doarse aos anciáns, doarse ao que sofre”.

A Nota conclúe chamando a recuperar “a grandeza do don e sentido da maternidade” e lembrando que “non é progresista pretender resolver os problemas eliminando unha vida humana”.

[Ver Nota completa]

A %d blogueros les gusta esto: