Sebastián Mora analizou durante a súa conferencia a traxectoria de Cáritas ó longo destes últimos 50 anos facendo un percorrido pola nosa historia. Destacou o seu labor como pioneiro en canto a atención social. Recalcou a presenza desta institución católiza -a presenza da Igrexa mesma- en todos os sectores de atención á persona en todas as súas necesidades (VIH-Sida, mulleres protituídas, inmigrantes, tratas, drogadicción…). Este acto abre el año dedicado a conmemorar los 50 años de Cáritas Diocesana de Lugo.
Mes: Xaneiro 2014
Sebastián Mora advirte dunha segunda avalancha de pobreza
O Secretario Xeral de Cáritas Española, Sebastián Mora deu unha rolda de prensa nos locais de Cáritas Lugo o día 27. Nela advertiu dunha segunda ondada de pobreza por tres motivos. Despois de catro anos de crise, os aforros das familias van esgotándose, a protección social pública sufriu unha erosión e as organizacións sociais non son infinitas na capacidade de axudar e non poden substituír ás familias nin ao Estado.
Tamén foron tres as liñas de acción que considerou determinantes para intentar solucionar a pobreza intensa: 1) unha renda básica de cidadanía para todas as familias que non teñen ningún tipo de ingreso (a nivel estatal son case 300.000); 2) políticas activas de emprego que xeren oportunidades de traballar especialmente para os colectivos máis excluídos e 3) maior colaboración cidadá, das empresas e das institucións, poñendo o foco na loita contra a pobreza e a exclusión social.
Festividade de Santo Tomás no Seminario
Con motivo da festividade de Santo Tomás de Aquino, o día 28 organízanse no Seminario Diocesano os seguintes actos:
-
19h: Eucaristía na Capela Maior
-
20h: Na Aula Magna, conferencia de presentación da exhortación apostólica do Papa Francisco, a cargo do Vicario para a Nova Evanxelización da Diocese de Ourense, Francisco José Prieto Fernández.
Conferencia do Secretario Xeral de Cáritas, Sebastián Mora
Co lema “50 anos de Encontros”, Cáritas Lugo inicia unha serie de actos cos que celebrar a súa traxectoria
O primeiro dos actos é unha conferencia que pronunciará o luns 27 ás oito da tarde no salón de actos do hotel Méndez Núñez Sebastián Mora que é o Secretario Xeral de Cáritas España. O título será “Claves históricas dunha resposta”.
Encontros interconfesionais na Diocese de Lugo
O sábado 25 de xaneiro, ás 19:00h na parroquia da Régoa, de Monforte, hai unha oración común da comunidade evanxélica e as igrexas ortodoxa e católica.
O día seguinte, o domingo 26 de xaneiro, ás 17:00, na parroquia de Santiago A Nova, de Lugo, haberá unha oración, participando tamén protestantes, ortodoxos e católicos. Está coorganizado pola Delegación de Apostolado Seglar. Ás 18:30, na Praza Maior, lerase un manifesto sobre os 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Materiais da Semana de oración pola unidade dos cristiáns 2014