Damos un paso máis no comentario da encíclica Lumen Fidei. Chegamos ao número 24 e parámonos na seguinte cita:
“O home ten necesidade de coñecemento, ten necesidade de verdade, porque sen ela non pode subsistir, non vai adiante. A fe, sen verdade, non salva, non dá seguridade aos nosos pasos”.
Os sentimentos que provoca a memoria dos nosos seres queridos defuntos, fai que botemos man de todo aquilo que supoña unha palabra de ánimo e esperanza ante o enigma da morte e ante tantas novas formas de pensamento e cultura importados, e mal usados, que toman as nosas rúas e que provocan aínda máis confusión en moita xente, que xa non sabe nin onde poden estar os seus defuntos.
E o comentario á cita de hoxe tamén o podemos orientar por este camiño.
Necesitamos que a nosa fe vaia acompañada da verdade. E é, precisamente no tema dos defuntos, onde vemos claramente como non sempre fe e verdade van unidas.
Moitas veces é fácil atoparse con persoas, mesmo de misa diaria, que cren unhas cousas moi estrañas.