Día de San Froilán. Ofrenda na Catedral

20131005-224521.jpg
Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidíu a Eucaristía do día de san Froilán na Catedral de Lugo. Coa presenza corporación municipal e numerosos fieis Lugo honrou ó seu patrón de xeito solemne. O Bispo fixo unha louvanza do traballo e tamén da necesidade da festa, pedindo a bendición do santo para todos. Seguindo a tradición o alcalde presentou a Ofrenda a san Froilán, portada por nenos ataviados con traxes rexionais.

Miguel Ángel Álvarez: A primeira encíclica escrita por dous Papas

Non podía ser doutra forma. Estando no Ano da Fe a encíclica tiña que ser dedicada á fe. Lumen Fidei, A Luz da Fe, é o seu título. Unha encíclica realmente escrita por dous Papas. Benedito XVI iniciáraa para completar a serie de encíclicas dedicadas ás virtudes teologais: fe, esperanza e caridade. Con total gratuidade e humildade, pasa as súas anotacións ao novo Papa, para que este nos anime a todos a seguir facendo alegremente o camiño da fe.

Nos medios de comunicación agradécense moito os titulares, e na Lumen Fidei témolos abundantemente. Frases breves e claras pero sen deixar de ser profundas. Palabras que nos estimulan e axudan a crer, a atopar a alegría da fe, a construír un mundo no que Deus é o fundamento de toda fraternidade, xustiza e esperanza.

Calquera persoa que saiba ler atopará, nesta encíclica, unha boa axuda para vivir a fe en Xesucristo con alegría e sen complexos. Por iso animo a facer o propósito de comprala e lela durante este novo curso pastoral que estamos a comezar.

Os sacerdotes de parroquias no Camiño teñen unha xuntanza en Palas

A igrexa de Palas de Rei acolle o próximo 8 ás 10:30 unha reunión dos sacerdotes con parroquias polas que pasa o Camiño Francés no territorio da Diocese de Lugo. Por iso tamén asistirán de Melide e Arzúa (pertencentes á Diocese lucense) xunto con sacerdotes de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso e Palas de Rei.

Entre os asuntos que serán tratados están os criterios que se manterán cos voluntarios que atenden aos peregrinos. 

A %d blogueros les gusta esto: