Con motivo do conflito que afecta á poboación de Siria, o Papa Francisco convocou en toda a Igrexa universal, para o próximo 7 de setembro, véspera da Natividade de María, Raíña da Paz, unha Xornada de oración e xaxún pola paz en Siria, en Oriente Medio e no mundo enteiro.
A Igrexa diocesana de Lugo, facéndose eco desta invitación do Papa Francisco, únese a esta iniciativa, polo que exhorta aos fieis das parroquias, aos membros das comunidades relixiosas, movementos apostólicos e institucións, a vivir esta Xornada de xaxún e oración desde as 19 h. ata as 24h.
Na nosa Diocese, dado o seu carácter eucarístico, invitamos especialmente a organizar momentos de oración ante o Santísimo Sacramento na S. I. Catedral, rosarios, eucaristías pola paz, exposicións eucarísticas, celebracións da Palabra, actos penitenciais e outras formas de celebracións. Deste xeito, uníndonos ás intencións do Papa, imploramos de Deus o don da paz para a nación siria e para todas as situacións de conflito e de violencia no planeta.
Gústame esto:
Gústame Cargando...