O Bispo da Diocese de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidiu unha Eucaristía na igrexa de San Xurxo, en Ribeira de Piquín. Tratábase de celebrar os traballos de restauración que se levaron a cabo nos últimos anos.
Nos anos 1960 fixérase a anterior actuación de relevancia na igrexa. Desde entón, só se reparara a cuberta.
Polo ano 2006 nacía a Asociación de Amigos da Parroquia de San Xurxo, en Ribeira de Piquín, co único fin de lograr os fondos necesarios para restaurar a súa igrexa, unha edificación neoclásica de 1782. A entidade está formada por máis de cen socios, a metade deles residentes fóra do municipio.
Ao longo de 2009 Blanca Besteiro restaurou o altar maior, presidido pola Virxe de Guadalupe, patroa da parroquia, e San Xurxo, no alto. Despois actuou sobre o retablo da Virxe do Carme e sobre unha pintura sobre cobre da virxe de Guadalupe, valiosa peza. Para a mellora dos altares de San Roque, a Dolorosa e o Rosario o Bispado de Lugo achegou 12.000 euros. Tamén se renovaron o chan de madeira e os bancos.
Gústame esto:
Gústame Cargando...