Exposición e recital poético-musical de temática relixiosa

Acto poetico musicalO xoves 6 de xuño, na praza de Santa María de Lugo, poderá verse de 17 h a 20 h. a exposición “Viron e creron. A alegría de ser cristián” que a través de paneis con foto e texto fai un percorrido polos fundamentos da fe católica.

Ás 18.30 h, no mesmo lugar, terá lugar un recital de poesía e música relacionada co Corpus. A Summa poética consistirá no recitado de poemas clásicos e algún actual de temática eucarística. Na parte musical intervirá o Orfeón lucense.

Exposición “Soñando un futuro” no multiusos da Xunta en Lugo

Exposición Mans Unidas

O día 4 de xuño ás 13 horas no edificio administrativo da Xunta, Lugo, inaugúrase unha exposición de fotografías sobre a difícil situación que vive parte da infancia no mundo e sobre solucións a ese problema. A exposición, que organiza Mans Unidas, permanecerá aberta durante unha semana. Aínda que Mans Unidas non é unha organización adicada exclusivamente á infancia, si é unha das cuestións polas que se interesa.

 

Celebración do Corpus na Praza de Santa María

Misa de Corpus en Lugo

Procesión del Corpus DSC_0489 (532x800) Misa de Corpus na Praza de Santa María
 Fieis de todas as parroquias de Lugo asistiron o domingo, 2 de xuño, ás 11 h na praza de Santa María, á Eucaristía da Solemnidade do Corpus, presidida polo Bispo da Diocese.

Na súa homilía, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, lembrou que a “festividade de Corpus celébrase de extremo a extremo da terra e, en Lugo, vívese de forma especial pola permanente presenza do Santísimo na nosa Catedral, expresión da fe deste pobo á Eucaristía”.

“Mirando ao Santísimo -continuou o Bispo de Lugo- coñecemos cal é o Deus verdadeiro. Xesús home que deu o seu corpo e sangue por nós é o noso Deus”. Terminou a súa homilía facendo mención á celebración do Día da Caridade: “A lei do Señor é unha lei de caridade, de dar e darse; isto úrxenos aos cristiáns a atender ao que temos á beira e non despedilo cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha”.

Despois da celebración, todos os movementos, asociacións, confrarías, representantes das parroquias e representantes de colectivos doutros países con presenza na nosa Diocese, participaron na procesión de Corpus: o Santísimo, na carroza que o porta, percorreu as rúas do centro da cidade.

Coincidindo con esta celebración, as parroquias do arciprestado de Lugo peregrinaron á Catedral, como xa fixeran doutros lugares da Diocese. Todos os fieis recibiron un exemplar do libro-guía En_clave de fe (unha visita á catedral seguindo o credo).

A %d blogueros les gusta esto: