A última das Festas da fe na Diocese, é a do arciprestado de Becerreá o día 22 de xuño, e coincide coa clausura do curso pastoral 2012 – 2013. Nesta ocasión, o marco da celebración é o santuario do Cebreiro. Os actos comezan ás 11, coa acollida. Ás 11:20 trátase a cuestión: aspectos da evanxelización. Ás 13 horas é a Eucaristía. Tras unha comida de irmandade, rézase unha oración mariana. E a despedida será sobre as cinco e cuarto.
Mes: Xuño 2013
Os salesianos celebran os 25 anos de presenza en Lugo
O día 21 desde ás 18:00 ás 24:00 horas, na praza Agro do Rolo do barrio da Milagrosa, a comunidade dos salesianos celebra os 25 anos de presenza en Lugo cunha festa benéfica:
-
Paella xigante
-
Música, contacontos, maxia, para nenos e adultos
-
Mercado de discos, xoguetes…
-
Xogos populares (carreiras de sacos, tirasoga…)
-
Sorteo de obxectos de famosos (camisetas de futbolistas, discos asinados, obxectos orixinais de actores, pilotos de Fórmula 1…).
Os beneficios destínanse a Cáritas parroquial e á Fundación Juan Soñador.
Memoria 2012 de Cáritas Diocesana de Lugo
O xoves 20 de xuño Cáritas Diocesana de Lugo presentou a Memoria 2012, na que figuran, entre outros, os seguintes datos:
Recursos económicos: 393 persoas. Voluntarios: 377. Técnicos: 16
Recursos económicos: 1.061.555,12 €. Desta cantidade, os fondos propios (52,10%) proceden de colectas das parroquias, cotas dos socios, donativos de persoas particulares, empresas. Fondos públicos (47,9%) son ingresos por subvencións das administracións local, autonómica, central e da Unión Europea. Algo máis de 5000 persoas recibiron asistencia de Cáritas Lugo durante o ano 2012.
En axudas a persoas vulnerables houbo un gasto de 480.180,75 € para axuda no fogar, alimentos, axuda escolar, vivenda, suministros, formación (becas), atención sanitaria, actividades, documentación, débedas de persoas.
A persoas excluídas destináronse 21.644,18 €. O Comedor San Froilán serviu 49.500 comidas durante o 2012.
O capítulo de mantenemento, campañas e sensibilización supuxo un gasto de gasto de 96.036,01€. E o de cooperación internacional (Haití, Somalia): 540 €
Co Servizo de Empresas con Corazón colaboran 25 empresas.
Informativo diocesano en Cope Lugo
Cada domingo ás 9.45h podes estar ó tanto da actualidade diocesana a través da radio. Podes acceder desde esta páxina ó último programa realizado, do 16 de xuño, no seguinte enderezo:
[Informativo Diocesano en Cope Lugo]