Festas da fe en Quiroga e Chantada

Das varias festas da fe programadas para os próximos meses en distintos puntos da Diocese, o 7 de abril correspóndelle ao arciprestado de Quiroga (Bóveda, Pobra de Brollón, San Clodio, Ribas de Sil, Quiroga, Courel).

O domingo seguinte, 14 de abril, corresponderalle ao arciprestado de Chantada (Chantada, Carballedo, Taboada).

Estes actos contribúen a que todos os diocesanos vivan dunha maneira concreta a comuñón eclesial, celebrando unidos a fe.

Gran misión na praza Horta do Seminario, Lugo

Cartel Misión Neocatecumenal 2

O día 7 de abril a partir das 12 h comezan as misións que na praza Horta de Seminario se levarán a cabo durante os domingos de Pascua. O contido destes encontros será o das catequeses para a iniciación cristiá que o Camiño Neocatecumenal realiza nas parroquias. Levándoas á rúa, ofrécense a tanta xente que non vai polos templos e á que Xesucristo quere saír ao seu encontro.

En cada convocatoria, despois de facer cantos, e que algunha persoa conte a súa experiencia de fe, un catequista predicará unha das catequeses. A primeira, co título Quen é Deus para ti?, tratará cuestións como: motivos polos que crer en Deus, a súa axuda nas nosas vidas.

Taller de Solidariedade organiza unha actividade a prol de mulleres do Congo

Taller Envolvendo os teus agasallos con graza con Isabel Cendán (de Xanela Elegante. com) o 6 de abril, de 10 a 14 horas na rúa Ramón Montenegro de Lugo, onde está o local do Taller de Solidariedade, que oraganiza a actividade. O proxecto pretende financiar co pagado por inscribirse un taller de corte e confección para 8 mulleres do Congo e unha Serva de San Xosé, onde poidan gañarse a vida.

Ler máis

XXXV Xornadas Galegas de Pastoral da Saúde

Pastoral Saúde cor

Os días 6 e 7 de abril terán lugar no hotel Torre de Núñez unhas xornadas de formación destinadas a voluntarios, axentes de pastoral da saúde e persoas interesadas. O tema xeral é “Axudar a quen sofre”.

Programa 

Día 6

10:30 Oración inicial e presentación do cursiño

11:30 Conferencia 1ª: O bo samaritano e a Pastoral da saúde (1ª parte). Por D. Jesús Conde Herranz

13:00 Conferencia 2ª: O bo samaritano e a Pastoral da saúde (2ª parte) Por D. Jesús Conde Herranz

14:15 Xantar

16:30 Visita guiada á S. I. Catedral B. lucense

18:30 Eucaristía na Catedral presidida polo Sr. Bispo de Lugo

20:00 Conferencia 3ª: A Paixón de Cristo, manifestación do amor

Por D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo da Diocese lucense

22:00 Concerto. Coral do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

Día 7

10:00 Oración de Laudes

10:30 Conferencia 4ª. A parábola do bo samaritano, unha denuncia e unha invitación.

Por D. José Antonio González García

11:30 Descanso

12:00 Samaritanos no hospital (vivencias) Por D. Edelmiro Ulloa Rodríguez

13:00 Eucaristía

14:15 Xantar

15:30 Visita (opcional) guiada ao hospital novo de Lugo (HULA)

Encontro de universitarios galegos

II Encontro interdiocesano pastoral universitaria

Este encontro é o 6 de abril no Hotel Pazo Os Escudos, Vigo co seguinte programa:

10.30 Acollida e Saúdo. Xavier Martínez Cobas Economista. Universidade de Vigo.

11.00 Oración.

11.15 Conferencia: “Cosmoloxía, evolución e cristianismo”

Prof. Dr. Carlos Pajares Vales, Físico. Reitor emérito da Universidade de Santiago.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: