A Parroquia San Francisco Xavier (Lugo) convida a todos a unirse á oración, en favor das vocacións nativas, cada día da semana, ás 19 h.
Luns 22: oración polas vocacións nativas de América.
Martes 23: oración polas vocacións nativas de Asia.
Mércores 24: oración polas vocacións nativas de Oceanía.
Xoves 25: oración polas vocacións nativas de Europa.
Venres 26: Mesa redonda e vixilia de oración, organizadas conxuntamente polas Delegacións de vocacións e misións, que terá lugar no Seminario a partir das 18 horas.
Sábado 27 ás 18.30: Eucaristía presidida polo Padre Adolfo Roque, sacerdote nativo de Guinea que leva uns meses colaborando na nosa Diocese. Ás 19 horas, oración polas vocacións nativas de África. Durante a oración haberá un recordo especial por Bertín Tantcheita, sacerdote africano de Benín, e pola súa comunidade parroquial, posto que a parroquia San Francisco Xavier uniuse ao proxecto misioneiro de construción dunha capela nun dos seus poboados.