O 23 de febreiro de 2013 tivo lugar unha Xornada adicada á Familia baixo o título: “A familia, porta e pilar da fe”. Comezou ás dez da mañá cunha oración e presentación dado día. Ás 10.15, Nieves González Rico, foi a encargada da primeira ponencia: “Os COF como promotores dos bens fundamentais”. Ás 11.30 entregáronse os premios do concurso do logotipo e fíxose un descanso. Mons. Sánchez Monge , bispo de Mondoñedo-Ferrol, ás 12.00, fíxose cargo da segunda ponencia: “Aportacións da Pastoral Familiar á vida Cristiana”.
Ás 13h. Rematou a Xornada da Familia cun acto institucional no que se inaugurou o COF. Interviron: o Bispo, Alfonso Carrasco Rouco, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, a Xefa Territorial da Consellería de Benestar Social e Traballo, Marta Barreiro, o Delegado diocesano de Familia, Rodrigo Rúa, e o Director do COF, Martiño Rodríguez.