XXVII Xornadas Abertas de Teoloxía

Xornadas Teoloxía 2013

Na Facultade de Formación do Profesorado o día 22 e no Círculo das Artes, o 23 e o 24

Martes 22, 20:00 h. na Facultade de Formación do Profesorado, Avda. Ramón Ferreiro (antiga Normal)

D. José Luis Restán, Director Editorial da Cadea Cope e do programa “La Linterna de la Iglesia”.

Título: 50 anos despois do Concilio, o Ano da fe

Mércores 23, 20:00 h. no Círculo das Artes.

D. Juan Carlos Fernández Menes, Doutor en Teoloxía, Profesor do Centro Superior de Estudos Teolóxicos de León.

Título: Recibir o Concilio. 50 anos despois

Xoves 24, 20:00 h. no Círculo das Artes.

Mons. D. Luís Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo

Título: “O fiel cristián segundo o Concilio Vaticano II”

20 de xaneiro, Día das Migracións

Na parroquia da Milagrosa de Lugo celebrarase, como vén facéndose desde hai 4 anos a festa da Nosa Señora de Altagracia, patroa da República Dominicana. Haberá unha Eucaristía presidida polo señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco ás 18:30 horas. E tras ela uns momentos de confraternización entre todos os asistentes. 

José Pena Mouriz: A fe non a temos, tennos ela a nós

A fe non a temos como unha posesión, como unha propiedade, como algo estático. A fe tennos ela a nós: dános unha maneira de ser, de actuar, de sufrir, de amar e de esperar. É un don de Deus, para a acción: para a realización do proxecto existencial que somos.

A fe é como unha espiral en crecida, como unha semente; se non se coida, morre. Ten un sentido dinámico, e o movemento demóstrase andando. Alguén nos interpela e axúdanos a camiñar e a superar as nosas limitacións. Non ten un sentido estático como os que din que teñen fe, pero que non practican. Son ateos prácticos, pois non teñen trato con Deus, que é a maneira de coñecer de primeira man a unha persoa e de amala. É coma se dixesen: á miña esposa quéroa moitísimo, pero hai tempo que non o trato. Considéranse os únicos artistas de si mesmos, sen Deus.

Ler máis

Lectura do boletín @nosavoz

Esta terceira semana de xaneiro pode ler seguidas todas as informacións que inclúe o boletín semanal de información diocesana @nosavoz. Pois pode accederse desde un teléfono móbil que lea códigos QR. Estes códigos son gráficos que representan un labirinto e enfocando o teléfono sobre el, almacénase neste caso o boletín 118 de @nosavoz:

anosavozqr

Resolución do concurso para o logotipo do Centro de Orientación Familiar (COF)

De entre as máis de 120 propostas recibidas, con gran creatividade moitas, o xurado viu 4 ideas moi valiosas que recibirán unha mención de honra e un premio. Unha das propostas foi a idea base que inspirou a fusión das outras tres, até chegar a unha nova idea que servirá para crear o deseño final do logotipo do COF Diocesano. Esta idea recibirá un premio especial. As outras 3 recibirán un premio.

É posible ver unha selección das propostas presentadas visitando a Sede do COF Diocesano, na rúa Anxo López Pérez 12, Local J. Os debuxos están expostos até o día 24 de xaneiro.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: