Celebración de Santo Tomé no Seminario Diocesano

O Instituto Teolóxico Lucense e o Seminario Diocesano celebran a festa de Santo Tomé de Aquino o día 28, co seguinte programa de actos:

  • 11:30 ACTO ACADÉMICO na Aula Magna, conferencia “A exclusión do bonum prolis na xurisprudencia recente da Rota Romana” polo Lic. D. José Manuel Penela Campos.

  • 13:00 CELEBRACIÓN EUCARÍSTICA. Capela Maior do Seminario

  • 14:15 COMIDA festiva de toda a comunidad educativa

Conclúen as Xornadas Abertas de Teoloxía

Mons. Luís Quinteiro
Mons. Luís Quinteiro (á esqda.), xunto con Mons. Alfonso Carrasco e David Gil

A conclusión das Xornadas Abertas de Teoloxía correu a cargo do Bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, que tratou o tema do “fiel cristián segundo o Concilio Vaticano II”. Sobre a importancia deste concilio dixo o seguinte: a lectura da historia que fixo o Vaticano II é a lectura máis profunda que se ten feito no mundo contemporáneo.

Na época do Concilio, a Igrexa viu a necesidade de abrir as portas para facilitar o encontro con Xesús. E hoxe os cristiáns deben superar as súas coitas intrafamiliares, abrir os ollos ao mundo e proclamar que Xesús é a luz dos pobos.

Para o Bispo de Tui-Vigo, o que hoxe está facendo máis estragos na Igrexa é que vivimos na rúa segundo os criterios da rúa e na Igrexa segundo os criterios da Igrexa; ao final, acabamos perdidos.

Noutro momento da súa intervención, preguntou: por que os avós e as avoas teñen conquistados aos netos? E a resposta: porque están ao seu carón. Pois ben, a mocidade ten que sentir preto dela a catequistas, sacerdotes… E isto faise, entre outras cousas, desde unha unidade de vida.

Mons. Luís Quinteiro constatou que na sociedade actual hai unha demanda fantástica de espiritualidade. Pero ás veces fálase, por exemplo de Oriente, e parecería que a espiritualidade cristiá non tivese interese. Por iso, é unha necesidade imperiosa unha formación na vida espiritual.

“Recibir o Concilio. 50 anos despois”

Juan Carlos Fernández Menes

No segundo día das Xornadas correspondeulle intervir a Juan Carlos Fernández Menes, profesor do Centro Superior de Estudos Teolóxicos de León. O título do seu relatorio foi “Recibir o Concilio. 50 anos despois”. Comezouse dicindo que o Vaticano II tivo unhas dimensións “físicas” grandes, con 3.500 participantes directos e unhas intervencións que, sen estar todas recollidas, xa suman máis de 50 volumes. A súa razón convocante era presentar o Evanxeo de sempre aos homes e mulleres da época contemporánea. Tocáronse temas inéditos, como a escandalosa pobreza de parte da humanidade.

Xoán XXIII deu unha gran sorpresa: reúne a un grupo de cardenais para anunciarlles “catro cousiñas”, pero unha delas era nada menos que a convocatoria dun concilio. E convocouse, non cuns fins explícitos, porque a idea era posibilitar unha gran participación, como así foi.

Ler máis

José Luis Restán inaugura as Xornadas Abertas de Teoloxía en Lugo

restan_web2

José Luis Restán abríu no salón de actos de Maxisterio as Xornadas de Teoloxía. Estivo acompañado polo bispo, Mons. Alfonso Carrasco e foi presentado por Mario Vázquez, antigo colaborador das súas tertulias na Cope.

En boa parte da súa exposición, José Luis Restán enumerou algunhas notas xerais que deberían caracterizar o Ano da Fe: recuperar as entranas mesmas da fe, (para desde aí lanzar a nova evanxelización); facer resplandecer a verdade e a beleza, (porque cando un percibe a verdade, xorde unha vibración e unha beleza).

Ler máis

Entréganse os Premios do IV Concurso de Tarxetas de Nadal en La Voz de la Verdad

La Voz de la Verdad

Participaron 19 colexios e preto de 1400 tarxetas de alumnos de Primaria e Secundaria

O 21 de xaneiro de 2012,  ás 19:30 horas entréganse os premios ós gañadores e ós finalistas deste Concurso convocado por La Voz de la Verdad que medra cada ano non só en colexios participantes senón tamén no número de concursantes e na calidade das participacións. Na entrega de premios La Voz de la Verdad agasalla ós participantes coa actuación “O marabilloso mundo dos libros” do dúo ANIMA ACCIÓN.

Ler máis

A %d blogueros les gusta esto: