Un pai e un profesor escriben senllas cartas ao xornal El Progreso sobre o labor do profesorado de relixión. O pai -Arsenio Rodríguez- amósase satisfeito con ese labor, por inculcar aos fillos “o sentido da responsabilidade, a satisfacción do traballo ben feito, a admiración pola arte, a música, a literatura.., pero, sobre todo, a empatía e a tolerancia (tan escasas na nosa sociedade). Todo isto mentres os alumnos matriculados en alternativa, actividades de estudo ou como queira que se chame, gozaban da aula de informática, do patio ou do bar sen que os profesores apenas poidan facer nada”.
Mes: Decembro 2012
Actos eucarísticos e misioneiros na parroquia de San Francisco Xavier
O actos comezaron o 2 de decembro cunha misa en honra a San Francisco Xavier.
O día de San Francisco Xavier, o 3 de decembro, presenta o seguinte programa:
-
12:00 h. misa
-
18:30 h. charla nos locais da parroquia “Ser misioneiro hoxe”. Presentación do proxecto solidario “Tecendo soños” (construción dunha capela en Benin).
-
20:00 h. misa
No transcurso das misas daranse a bicar as reliquias do Santo.