Entre os días 21 e 23 celebrase un mercado benéfico na Praza do Convento a favor de Cáritas. Os obxetos que se poden mercar a prezos económicos son doados por comercios, empresas e particulares. Colaboran coa organización o Concello de Melide, a parroquia de San Pedro de Melide e Cáritas Melide.
Mes: Decembro 2012
Nadal solidario na parroquia de San Clodio de Ribas de Sil
-
Día 22: Pregón do Nadal ás 18:00h a cargo de Don Miguel Ángel Álvarez Pérez, párroco de San Froilán (Lugo)
-
Día 25 ás 12:00h: Misa e escenificación do Nadal a a cargo dos nenos da parroquia.
-
Día 29: Concerto Solidario con Guatemala ás 18:00h con Celso Fernández, contacontos e a Coral de Quiroga
Festival de Nadal da parroquia de San Francisco Xavier
O sábado 15, a partir das 5 da tarde e ata as 8, o Centro social de Fingoi acolle un festival organizado pola parroquia de San Francisco Xavier. Entre outras intervencións estarán as seguintes: coros parroquiais, o cantante Pachi, happening de xoves cristiáns da Diocese, grupo de música tradicional A Xistra (Pedrafita). Durante o acto sortéase unha cesta de Nadal en beneficio de Cáritas.
Campaña “Doce Nadal” na igrexa Santiago A Nova
Entre o venres 14 e o domingo 16, o Grupo de Maiores da parroquia de Santiago A Nova, organiza a Campaña “Doce Nadal” de repostaría caseira e produtos ecolóxicos (mel, licores, marmelo, noces, pan de Ousá, etc). Trátase facer que os irmáns máis necesitados poidan compartir a súa mesa chea do amor solidario dos seus veciños e irmáns.
Campaña “Sementadores de estrelas”
Distintos grupos de nenos sairán polas rúas para felicitar o Nadal aos transeúntes, en nome dos misioneiros da Diocese de Lugo:
-
día 15 de decembro, a partir das 11 h. desde a Igrexa Santiago a Nova, Lugo
-
día 22 de decembro, os nenos do colexio da Mercé de Sarria;
-
día 23, os de Melide,
-
día 25, día de Nadal, os nenos de Lalín.