Folla da caridade (outubro 2012)

 

O Servizo de Acollida e Atención a Marxinados e Excluídos de Caritas Diocesana de Lugo dá a coñecer a seguinte Folla da Caridade.

Alguén espera a túa axuda

1. Muller nova, viúva con catro fillos e unha deles cunha minusvalía e percibindo unha RISGA. Necesitan para subministracións 750 euros.

2. Muller soa, sen ningún tipo de ingresos nin prestación. Necesita para vivenda e alimentos 550 euros.

3. Muller separada, con dous nenos. Cobrada a axuda Familiar do Inem. Necesita para vivenda e subministración 500 euros.

4. Matrimonio con dous fillos menores, ambos no paro e sen cobrar ningunha prestación. Necesita para vivenda e subministracións 850 euros.

5. Muller separada, enferma e sen recursos. Necesita para aluguer e subministracións 450 euros.

Como o Pai me amou, eu tamén vos amei a vós, permanecede no meu amor” (Xn 15,9)

Devoción a San Froilán

Desde o momento mesmo do seu falecemento, San Froilán foi obxecto de veneración. O seu culto en Lugo está testemuñado desde os séculos medievais pois existe unha capela dedicada a el e celébrase o seu oficio litúrxico, que está incorporado ás cerimonias catedralicias.

No seu momento debeu ser unha devoción moi arraigada,  non tanto nos séculos baixomedievais, pero si a partir do século XVII.

Desde o ano 1600,  o día de San Froilán é “festa de táboa”, isto é, solemne e obrigatoria para todos os clérigos catedralicios. En 1605, é confirmado como patrón da cidade e da Diocese, polo que se introducirá a súa festa como obrigatoria en todas as igrexas. Pouco despois (1610) fúndase unha confraría para renovar e honrar a súa memoria. E cando en 1614 chega a reliquia a Lugo, a cidade espera con gran expectación e fervor o regreso dun dos seus fillos máis queridos.

Co testemuño da súa vida, san Froilán proporciónanos unha serie de ensinanzas, que motivan a devoción que se lle ten. Aínda que durante un tempo levou unha vida retirada, abandonouna e consagrouse ao ministerio da evanxelización con gran proveito para os seus oíntes . Tamén se implicou con toda a alma en organizar a vida monástica do seu tempo. En fin, a vida de san Froilán xirou sobre estes dous eixos: fe e amor. Fe en Deus e amor a El e á humanidade.

Encontro de delegados de pastoral universitaria de Galicia

Delegados pastoral universitaria Galicia
Delegados pastoral universitaria Galicia

O día 6 de outubro tivo lugar en Lugo un encontro de delegados de pastoral universitaria de Galicia para coordinar o traballo desas delegacións para este curso. Porque hai prevista a realización das seguintes actividades en común:

      • Encontro interdiocesano de Pastoral Universitaria de Galicia, o 6 de abril de 2013 en Vigo. Tema: creación e evolucionismo.
      • Peregrinación a Fátima dos profesores de Universidade das dioceses de Galicia, 20-21 outubro de 2012.
      • Curso de profundización bíblica para profesorado e alumnado universitarios no Mosteiro de Armenteira no verán.

 

Celebración de San Froilán

Na parroquia lucense de San Froilán celébrase a novena ao seu patrono a partir das 19:30 horas. vésperas, Eucaristía, Santo Rosario, oración a san Froilán.

O día 5 de outubro a Eucaristía solemne será ás 12.

Na imaxe que encabeza estas liñas vemos a interpretación gráfica que da figura de san Froilán fixera o recentemente falecido reverendo Jesús Cabo Gómez.

A %d blogueros les gusta esto: