Festa da Saleta en Siador

O santuario da Saleta, Siador, Silleda, acolle os días 18 e 19 os actos centrais da celebración relixiosa en honra á advocación mariana. Os oficios no templo iniciáronse xa o luns, día 10, co comezo da novena que vén facéndose ás sete da mañá e ás oito da tarde.

O luns 17, organízase a tradicional procesión de fachos, que reúne a centos de fieis en torno ao templo, xerando unha atmosfera de devoción e fervor.

O mércores 19, a misa solemne será á unha da tarde. Está previsto que o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, acuda ao templo para presidir a eucaristía, que estará cantada pola Coral Polifónica Trasdeza.

As festas en honra á Saleta son cada ano unha cita ineludible para os fieis de toda a comarca de Silleda, moitos dos cales acoden camiñando ao templo.

Exaltación da Santa Cruz na Capela da Soidade, Lugo

O 14 de setembro ás 20:15 ten lugar a Eucaristía para celebrar a Exaltación da Santa Cruz. Trala súa conclusión, dáse a bicar o lignum crucis.

A reliquia foi extraída en Terra Santa en 1894. No ano 1914, ponse no relicario onde está actualmente. Ademais, elabórase un palio de seis varas. Con ese motivo, acórdase levar a reliquia na procesión do Venres Santo de 1914 baixo o mencionado palio. Para o ano 2013 quérese recuperar esta tradición, polo que a Orde Franciscana Seglar está a facer unha listaxe de persoas que queiran portar o palio na próxima Semana Santa. Para apuntarse, contactar cos membros da Orde na Capela da Soidade os domingos de 5 a 8 da tarde.

Peregrinación diocesana a Fátima

A peregrinación diocesana de Lugo a Fátima faise entre 14 ao luns 17 de setembro de 2012. Está organizada pola Hospitalidade Diocesana de Lourdes de Lugo co seguinte programa:

DÍA 14: Visita á nova Basílica Subterránea e Celebración Comunitaria da Penitencia, na mesma. Misa na Capelinha, presidida por Lugo.


DÍA 15: Misa na Basílica, presidida por Lugo. Pola tarde, visita a Lisboa; Belén; Estoril; Cascais; Sintra. Pola noite, participación na Procesión dos Fachos, con actuación de Lugo.

 

DÍA 16: Participación na Misa Internacional, con actuación de Lugo. Pola tarde, excursión a Bathala (Santa María da Vitoria); Nazaré.

 

DÍA 17: Misa na Capelinha. Saída para Coimbra, Bom Jesú. Comida en Bom Jesú. Pola tarde, visita ao santuario de Sameiro, onde se terá unha celebración mariana.

 

Esta actividade non é unha viaxe de turismo; nin unha excursión relixiosa calquera. É unha peregrinación, é dicir, un itinerario espiritual, no que as paisaxes, o santuario convidan a viaxar ao noso interior, para atoparnos con nós mesmos; cos irmáns compañeiros de viaxe e con Deus.

Festas dos días 8 e 9 de setembro

Ademais das grandes festas marianas do Cebreiro e O Faro, por toda a Diocese hai estoutras celebracións os días 8 e 9:

Ventosa, Agolada

Sábado 8: misas rezadas a partir das 9.30 horas e ás 12.30 horas misa cantada e posterior procesión co acompañamento da Banda Municipal de Agolada.

Domingo 9, ás 12 misa en memoria do 800 aniversario da igrexa de Ventosa. Con este motivo, colocáronse unhas placas que explican a riqueza arquitectónica e escultórica do templo.

 

Romaría da Ermida, Quiroga

Está celebrándose a Novena a Nosa Señora dos Remedios.

Día 8 : na misa das 13 horas haberá música de órgano. Este ano hai unha novidade importante na procesión: o día 8 estarán representadas todas as parroquias cos estandartes da Seara, Quiroga, Hospital, etc… que irán tralo estandarte da Ermida.

 

Nosa Señora das Dores, Santa Baia de Losón, Lalín

A tan só 2 km do Santuario do Corpiño, coa súa Fonte de Augas Milagrosas para os enfermos.

Día 8, despois da novena das 20:30 haberá procesión de fachos.

Día 9, ás nove da mañá santo rosario e a continuación misas rezadas. Estará o Coro Rocieiro de Granada para a Misa Solemne (ás 13 h.). Despois desta, o mesmo grupo presentará cantos e bailes típicos. Tamén actuará a charanga Roxedoiro durante a comida.

 

Virxe do Socorro, Santa Mariña de Adai, O Páramo

Días 8 e 9: misa solemne ás 13  horas.

 

Virxe do Couto, Santa Baia de Cira, Silleda

Sábado 8, pola mañá misas rezadas e ás 13.00 será a misa solemne.

 

Virxe dos Remedios, Santa María de Piñol, Sober

Venres 7 (festivo local), ás 20.00 horas, subida da Virxe ao Santuario de Cadeiras.

Sábado 8, día grande da Romaría de Cadeiras con misas rezadas a partir das 11.00 horas, sendo ás 13.30 horas a misa solemne en honra á Virxe dos Remedios.

Domingo 9, durante a mañá levarán a cabo misas rezadas e ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne.

 

Nosa Señora dos Remedios, Santuario de Santa María, Alto de César

Sábado 8, subida ao Alto de Cesár, onde se celebrarán misas a partir das 8.30 horas e ás 13.00 horas misa campestre

Domingo 9, misas a partir das 9.30 horas e misa campestre tendrá lugar a las 13.00 horas.

 

Virxe dos Remedios, Santa María de Foilebar, O Incio

Sábado 8, misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión, en honra á Virxe.

Domingo 9, ás 13.30 horas, misa solemne e procesión en honra á Virxe

 

Virxe dos Remedios, Antas de Ulla

Sábado 8, ás 13.00 horas, misa solemne seguida de procesión acompañada pola Banda Municipal de Antas de Ulla, que dará un concerto ao remate dos actos relixiosos.

Domingo 9, ás 13.00 horas, misa solemne e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Muimenta

 

Virxe dos Remedios, Arxemil, O Corgo

Domingo 9: ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne en honra á Virxe dos Remedios e posterior procesión.

 

Virxe de Guadalupe, O Saviñao

Sábado 8, comeza a xornada de festa coa celebración da misa solemne en honra á e posterior procesión.

Domingo 9, ás 13.30 horas celébrase a misa solemne e posterior procesión.

 

Virxe dos Milagres, Xestoso, Silleda

Domingo 9 misas rezadas en honra á Virxe dos Milagres ás 10.30, 11.15 e 12.00 horas. A hora da novena é as 19h.

 

Virxe do Carme, Santa María de Belante, Sarria

Domingo 9, misa solemne en honra á Virxe do Carme ás 13.30 horas, a mesma hora que o luns 10.

 

Nosa Señora do Montserrat, Donramiro, Lalín

Domingo 9, ás 12.00 horas, subida da Santa en procesión desde a igrexa até a capela, para unha hora máis tarde celebrar a misa solemne e procesión en honra a Nosa Señora de Montserrat, acompañada da Banda Municipal de Lalín.

Luns 10, misa solemne ás 12.30 horas e actuación da Banda de Música A Lira de Prado.

 

A Fonsagrada

Sábado 8 ás 13:00 Misa e procesión coa charanga Madialeva. As celebracións prolónganse ata o luns 10 de setembro, que é festivo local

 

San Pexerto, Buciños, Carballedo

Domingo 9, veneración do mártir San Pexerto, do que se conservan as súas cinzas na igrexa parroquial de Buciños.

Novos párrocos en Sta. Baia de Losón e Silleda

José Criado (párroco de Merza, Fontao, Anzo, Madriñan, Méixome e San Pedro de Losón) é desde o mes de agosto párroco de Santa Baia de Losón, que ademais da igrexa parroquial, conta coa ermida de N. S. do Corpiño. Polo que José Criado substitúe a José Donsión como rector do coñecido santuario.

E desde os primeiros días de setembro, as parroquias de Santa Baia de Silleda, San Mamede de Moalde, San Miguel de Lamela, San Salvador de Cervaña, San Cibrao de Chapa e San Martiño de Rellas contan cun novo párroco: José Pérez Barreiro, ata agora na parroquia de Santiago A Nova. José  Pérez é o Delegado de Catequese da Diocese de Lugo.


A %d blogueros les gusta esto: