Novenas a San Antonio de Padua en Melide

  • O día 2 de xuño comeza a novena en honra a San Antonio na parroquia de San Xosé das Cazallas. A novena e a Eucaristía será todas as tardes ás 20:30

  • O día 5 de xuño comeza a novena a San Antonio en Melide, será todas as tardes na capela de San Antonio. O día 13 celébrase a festa con Misa Solemne e procesión polas rúas da vila.

Pregón da Caridade


     

    Organizado por  Cáritas Diocesana de Lugo, o martes 5 de xuño tivo lugar o PREGÓN DA CARIDADE no Salón Rexio do Círculo das Artes. Foi unha conferencia a cargo de D. Leonardo Lemos Montanet, Bispo de Ourense. O lema do seu ministerio episcopal é Omnia in Caritate (Todo en Caridade). Mons. Lemos recolleu este pensamento da Carta Primeira de Xoán e de Deus Caritas Est, unha encíclica que ao mesmo tempo ten un carácter social e medita sobre o amor de Deus. Benedito XVI, máis que falar de filantropía, fala de solidariedade, dun impulso divino para facer fronte á miseria. Segundo Mons. Leonardo Lemos, a encíclica é asumible por calquera persoa, crente ou non, porque trata de cuestións que afectan ao núcleo esencial, máis íntimo e profundo do ser humano, como a ansia de ser mellores.

    Mons. Leonardo Lemos asegurou que o rostro visible do Deus invisible está no necesitado, que non é só quen pide esmola na rúa, senón quen comparte connosco as tarefas cotiás.

    Tamén se referiu o Bispo de Ourense ao labor caritativo da Igrexa, lembrando que nos primeiros grupos de cristiáns era doada a comuñón de bens, pero cando deixaron de ser pequenas comunidades naceu a institucionalización da caridade. De todas maneiras, non é algo que teña a Igrexa para agradar aos demais e manter a corrección política, senón que Cáritas é algo que nace da esencia da Igrexa.

    No coloquio cos asistentes ao Pregón da Caridade, Mons. Leonardo Lemos quixo deixar clara unha cifra: mentres que organizacións vinculadas a partidos políticos chegan a cubrir o 89% dos seus orzamentos con subvenciósn estatais, no caso de Cáritas a financiación pública é do 19%. Ademais, hai iniciativas solidarias da Igrexa que se fan caladamente.


D. Jaime Delgado publica Retazos de vivencias…

D. Jaime Delgado publica Retazos de vivencias y bibliografía de un sencillo sacerdote. Nos dous primeiros capítulos expón as súas vivencias en relación co Seminario, antes de entrar e durante a estancia como alumno e enfermeiro.

Nos capítulos seguintes, D. Jaime divide a súa vida sacerdotal en tres etapas:

– Primeira (anos 60): formador e profesor no Seminario

– Segunda (anos 70): especialización en Arqueoloxía Cristiá en Roma, profundas vivencias en Grecia e volta a Lugo.

– Terceira (desde os anos 80 ata a actualidade): cargos na Diocese, profesor, capelán na Residencia, publicacións…

A %d blogueros les gusta esto: