667 peregrinos desde Lugo a Lourdes

Na última semana de xuño, 667 persoas peregrinaron a Lourdes procedentes de Silleda – Lalín, Chantada, Escairón, Monforte, Pobra de Brollón, Sarria, Rábade, Viveiro, Terra Cha, Meira, A Fonsagrada, Lugo, Monterroso…

ACTOS EN LOURDES: Misa de presentación; Vía Crucis no Monte; Vía Lucis; Eucaristía Internacional, na Gruta e de Despedida; Procesións. Na procesión dos fachos do día 28 de xuño, a organización do santuario francés encargou aos peregrinos de Lugo portar a imaxe da Virxe.

Os peregrinos participantes son: enfermos, persoal sanitario e peregrinos, todos eles socios da Hospitalidade Diocesana de N. S. de Lourdes, organizadora desta 26ª peregrinación. Este ano 2012 o lema é: Rezar o Rosario con Bernardita. A gran familia dos fillos de Deus e María.

Ofrenda do C. D. Lugo á Virxe dos Ollos Grandes

Na Capela da Virxe dos Ollos Grandes da Catedral, representantes do Club Deportivo Lugo presentaron a ofrenda ante a patrona da cidade. Estivo presente o bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco, que recibiu ao presidente do club, José Bouso; ao capelán, Xoán Carlos Rodríguez Paradela, xogadores e equipo técnico, que fixeron unha ofrenda floral na mañá do 26 de xuño tras finalizar unha temporada que supuxo o ascenso de categoría.

Cursiño de ingreso no Seminario Diocesano de Lugo

Do 27 ao 29 de xuño terá lugar o cursiño de ingreso e selección (en réxime de residente) no Seminario. Trátase dun cursiño necesario para poder matricularse e que axuda a decidir se o Seminario é a mellor opción para o interesado. Tamén haberá un cursiño entre o 10 e o 12 de setembro.

Para o Seminario, cada seminarista é unha persoa única a súa vida e a súa formación son o máis importante. Algunhas das características da educación recibida son:

  • Atención personalizada
  • Formación e acompañamento espiritual

  • Control axustado ao uso da liberdade persoal

  • Infraestrutura excelente, con espazos novos, cuartos individuais

  • Profesorado experimentado

  • Estudos acompañados

  • Actividades complementarias e extraescolares

690 peregrinos desde Lugo a Lourdes

O lema do ano 2012 é: Rezar o Rosario con Bernardita. A gran familia dos fillos de Deus e María

Este ano 2012 peregrínase nunha única vez: do martes 26 ao sábado 30 de xuño.

PROGRAMA DA PEREGRINACIÓN A LOURDES

– MARTES 26: Saen 13 autobuses desde Silleda – Lalín, Chantada, Escairón, Monforte, Pobra de Brollón, Sarria, Rábade, Viveiro, Terra Cha, Meira, A Fonsagrada, Lugo e Monterroso.

– ACTOS EN LOURDES:

Misa de presentación; Vía Crucis no Monte; Vía Lucis; Eucaristía Internacional, na Gruta e de Despedida; Procesións; Excursións ás famosas Covas de Lourdes, aos Pireneos; Convivencia-Festa; etc.

– SÁBADO 30: Regreso a Lugo, ás 23,00 horas.

Na peregrinación participan uns 690 peregrinos de todas as zonas da Diocese de Lugo, acompañados duns 30 sacerdotes e os 18 compoñentes da Directiva da Hospitalidade. Os peregrinos participantes son: enfermos, persoal sanitario e peregrinos, todos eles socios da Hospitalidade de Lourdes.

A %d blogueros les gusta esto: