As oportunidades da visita da reliquia de Don Bosco

Despois de pasar por numerosos países de América, Asia, Oceanía e África, onde traballan os salesianos, a reliquia de San Xoán Bosco chegou a España o 1 de maio de 2012, percorrendo o País Vasco, Navarra, A Rioxa, Cantabria, Asturias e Lugo. Seguirá polo resto do Estado.

A acollida dunha parte das reliquias de Don Bosco facilita achegarse a Cristo como el o fixo. E, en comuñón coa Igrexa, moveranos a avanzar polo camiño da santidade.

A visita da reliquia de Don Bosco é unha boa ocasión para renovar, persoal e comunitariamente, o noso compromiso pola evanxelización, unindo noso camiñar ao camiñar da Igrexa universal.

Tamén dará un novo vigor á vivencia do carisma de Don Bosco e resulta unha oportunidade de acción pastoral, non só para a Familia Salesiana senón tamén para a Igrexa local. Pois o exemplo e a intuición de Don Bosco deben impulsar en cada Diocese a acción pastoral cos mozos. Aos que acudan a recibilo pode suscitarlles unha experiencia de fe. A visita da reliquia de Don Bosco axúdanos a lograr ser testemuños cribles das realidades e os valores católicos.

Ademais é unha oportunidade para obter indulxencia plenaria, coas condicións que establece a Igrexa. O Papa Benedito XVI concedeuna aos fieis que “ante as reliquias do Santo expostas solemnemente, participen devotamente nunha función sacra celebrada na súa honra ou que polo menos se deteñan ante ela durante un tempo conveniente para reflexionar piadosamente, concluíndo coa Oración do Señor, o Símbolo da Fe e a invocación da Virxe e de san Xoán Bosco”.

Don Bosco

A súa única riqueza…. Xesús.

O seu tesouro…. os xoves.

A súa herdanza…. unha forma de educar baseada no Evanxeo

O seu futuro… nós mesmos

Chega a Lugo a reliquia de Don Bosco

 

PROGRAMA DO DÍA 29 DE MAIO

  • 10,30 Recibimento solemne na parroquia da Milagrosa.– Preside o Sr. Bispo.

    – Asisten alumnos e profesores de Primaria e 4º ESO.

  • 10,45 Celebración de alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria
  • 11,40 Celebración de alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.
  • 12,40 Celebración de alumnos da ESO.
  • 15,45 Celebración de alumnos de Infantil.
  • 16,45 a 18,45 Tempo dispoñible para visitas e oración ante as Reliquias.
  • 19,30 Celebración eucarística solemne.– Preside o Sr. Bispo.

    – Animación musical a cargo do Orfeón Xoán Montes.

  • 22,00. Oración.

Están convidados todos os cidadáns lucenses a participar, sobre todo ás 10,30 (Acto de recibimento), e ás 19,30 (Celebración da Eucaristía).

 

Día do misioneiro diocesano

Celébrase o sábado 26 na Parroquia San Froilán

Ás 7 da tarde

Mesa redonda cos misioneiros diocesanos que cumpriron as súas vodas de ouro sacerdotais. Son os seguintes:

  • Antonio Onega Pacín (misioneiro en Costa Rica).
  • José Tirso Villasante Pereiro (misioneiro en Bolivia, actualmente está na Diocese).
  • Leopoldo Sanmartín Pazos (misoneiro en Perú, actualmente está na Diocese).
  • Manuel Bodenlle Yañez (misioneiro en República Dominicana).

Ás oito e media da tarde

Vixilia de Pentecostés con homenaxe aos misioneiros.

Actos en torno ao Día do Apostolado Seglar

Con motivo de celebrarse o Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar o 27 de maio, a Delegación de Apostolado Seglar organiza os seguintes actos:

O venres 25

Conferencia sobre a familia ás 20h no salón de actos do Seminario Diocesano.

O sábado 26

Ás 7 da tarde

Homenaxe aos misioneiros diocesanos que cumpriron as súas vodas de ouro sacerdotais. Son os seguintes:

  • Antonio Onega Pacín (misioneiro en Costa Rica).
  • José Tirso Villasante Pereiro (misioneiro en Bolivia, actualmente está na Diocese).
  • Leopoldo Sanmartín Pazos (misoneiro en Perú, actualmente está na Diocese).
  • Manuel Bodenlle Yañez (misioneiro en República Dominicana).

E Vixilia de Pentecostés en San Froilán ás 20:30 h.

O domingo 27, Día de Pentecostés

Eucaristía na Catedral presidida polo Bispo ás 13 horas.

Entrega de premios do I Concurso literario “Fundación O Noso Lar”

O 27 de maio ás 17 h. na sede da Fundación O Noso Lar en San Román de Lousada haberá un acto especial, coa lectura dos traballos galardoados cos primeiros premios, e un pequeno festexo, coa intervención de Mini e Mero.

A “Fundación O Noso Lar” pretende fomentar e promocionar a creatividade literaria dos nenos, rapaces e mozos da provincia de Lugo. Presentáronse bastantes traba- llos, co tema do medio rural, e os premiados serán publicados na revista O Noso Lar.

O primeiro premio está dotado con 200 € e segundo premio con 100 €. Námbolos dous casos haberá unha placa conmemorativa. Para a modalidade infantil o xurado tamén concedeu un premio accésit.

A %d blogueros les gusta esto: