Xornada polas Vocacións Nativas

Nesta Xornada trátase de fomentar a oración perseverante para que Deus e a Virxe María sigan suscitando novas vocacións en lugares de misión.

Este ano lémbrase o labor da Obra Pontificia de San Pedro Apóstolo. É a maior institución destinada ao sostemento de vocacións na Igrexa.

A Delegación de Misións de Lugo acaba de estrear un blog http://www.misionesdelugo.blogspot.com.es/

Pode accederse desde a páxina de inicio desta web que vostede está visitando.

 

Oración polas vocacións na parroquia de San Froilán, en Lugo

É o sábado día 28 de abril ás 11 da mañá.

Viaxe da parroquia de A Milagrosa por Francia

A parroquia de A Milagrosa de Lugo programa unha viaxe por Francia a partir do 27 de abril.

  • Ao día seguinte, visita con guía local á cidade de NANTES
  • Domingo 29 de abril: Vannes, cidade medieval situada entre murallas, centro prehistórico de Tables de Marchand, Saint Maló, cidade corsaria.
  • Luns 30 de abril – murallas de Saint Maló, visita a Dinan e Dinard. Mont Saint Michel, abadía gótica, tamén coñecida como a marabilla de occidente.
  • Martes 1 de maio – Visita das praias do desembarco, Arromanches, Caen e a famosa tapicería de Bayeaux.
  • Mércores 2 de Maio – Saída cara a Lisieux, celebración de Santa Misa. Visita panorámica de París: Catedral de Notre Dame, os Campos Elíseos, Arco do Triunfo, A Ópera, etc.
  • Xoves 3 de maio – Santa Misa na Parroquia A Milagrosa de Paris, Torre Eiffel, travesía polo Sena, Notre Dame, Montmartre.
  • Venres 4 de maio – Castelos de Loira.

Equipos de Nosa Señora de Galicia reúnense en Lugo

O próximo día 29 de abril reuniranse no complexo parroquial do Bo Pastor 200 matrimonios de toda Galicia pertencentes ao Movemento eclesial Equipos de Nosa Señora. É unha xornada de encontro, de fraternidade, de oración e de festa.

Esta reunión denomínase DÍA DA REXIÓN, e cada ano celébrase nunha cidade distinta. É un signo do compartir, desde a comida até a mesma vida.

Na Eucaristía dominical, os fregueses e o seu párroco, que celebran a festividade do Bo Pastor, acollen aos matrimonios dos Equipos e aos seus sacerdotes consiliarios. Esta Eucaristía estará presidida polo Sr. Bispo de Lugo.

Mercado benéfico na parroquia A Nova de Lugo

O grupo de persoas maiores da Parroquia de Santiago A Nova organiza o mercado benéfico anual “ARTENOVA”, que desde o ano 1995 vén realizando.

Haberá produtos de artesanía, manualidades e ecolóxicos.

estará aberta para recollida de produtos e venda ao público, nos locais de dita parroquia, desde o 28 de abril até o 7 de maio, ambos inclusive.

Tamén se admiten donativos. A recadación irá destinada na súa totalidade a Cáritas.

A %d blogueros les gusta esto: