Celebración das vodas de ouro da Adoración Nocturna Feminina

Con motivo de cumprir os 50 anos de existencia, a Adoración Nocturna Feminina de Lugo, programa os seguintes actos na Catedral e no Seminario:

TRIDUO EUCARÍSTICO

Mércores día 21.- Ás 19 h: Hora Santa

Ás 20 h: Santa Misa presidida por D. Alfonso Vilariño Blanco, Director Espiritual Diocesano da A. N. F.E.

Xoves día 22:- Ás 19 h: Hora Santa

Ás 20 h: Santa Misa presidida polo Sr. Bispo da Diocese

Venres día 23.- Ás 19 h: Hora Santa

Ás 20 h: Santa Misa presidida polo Sr. D. Luciano Armas

CHARLA

Sábado día 24.- Ás 18.30 h: Charla – coloquio da Presidenta Nacional no Salón de Actos do Seminario.

GRAN VIXILIA DE ACCIÓN DE GRAZAS

Sábado día 24.- Ás 21 horas: Solemne Vixilia Conmemorativa presidida polo Sr. Bispo da Diocese, Monseñor Carrasco Rouco. Actuará o Orfeón Lucense

 

Viaxe – peregrinación diocesana de Lugo a Fátima

A Hospitalidade de Lourdes de Lugo, dentro dos actos de conmemoración das súas vodas de prata, organiza unha viaxe – peregrinación ao santuario de Fátima entre os días 16 e 19.

Día 16

18:00 h.: Visita á nova Basílica subterránea.

19:15 h.: Misa na Capelinha, presidida por Lugo.

Día 17

6:30 h.: Misa na Basílica, presidida por Lugo. Despois do almorzo, visítase Lisboa; Belén; Estoril; Cascais; Sintra.

21:30 h.: Participación na procesión dos “Fachos”, con actuación de Lugo.

Día 18

11:00: Participación na Misa Internacional, con actuación de Lugo. Excursión a Batalha (Sta. Mª da Vitoria); Alcobaça; Nazaré; Leiría.

21:30 h.: Posibilidade de participar na procesión dos “Fachos”.

Día 19

6:00 h.: Misa na Capelinha.

7:00 h.: Saída para Coimbra: visita á cidade e Universidade. Visita breve da cidade de Porto, o Bom Jesús e o gran santuario de Sameiro, onde terá lugar unha celebración.

Nesta viaxe-peregrinación participan a Xunta Directiva da Hospitalidade de Lourdes, responsables de zonas e da Hospitalidade, socios peregrinos. Hai dous autobuses: 100 persoas.

Non é unha viaxe de turismo nin unha excursión relixiosa calquera. É unha peregrinación, é dicir un itinerario espiritual, no que as paisaxes, o santuario, convídannos a viaxar ao noso interior, para atoparnos connosco mesmos, cos irmáns compañeiros de viaxe e con Deus.

No local da rúa Ourense, nº. 27, baixo, Venancio é a persoa encargada de entregar os vídeos ou DVD da Peregrinación a Lourdes; e / ou das Vodas de Prata. Así como o agasallo, aos socios que non participaron na Peregrinación a Lourdes deste ano.

Triduo en honra á Virxe das Dores na igrexa dos Franciscanos de Lugo

A Confraría lucense do Desencravo organiza un Triduo en honra á nosa Nai, a Virxe das Dores, os próximos días 13, 14 e 15 de setembro. Será na igrexa conventual dos Franciscanos de Lugo, co seguinte horario:

– Ás 19,00 horas: Santo Rosario.

– Ás 19,30: Eucaristía.

O predicador é Frei Amado González, Superior do Convento Franciscano de Lugo, e anterior Ministro da Provincia Franciscana de Santiago.

XIXª Semana de Formación Permanente dos Cregos de Galicia

No Mosteiro de Poio entre os días 12 e 14 de setembro de 2011.

Organizan: Delegacións para o Clero das Dioceses galegas

Co título “O presbítero: discípulo e mestre da palabra”, o programa é o seguinte:

Luns 12

12:00 1ª Ponencia e diálogo: “El misterio del Dios que nos habla: Dimensiones teológicas de la Palabra de Dios”, por D. Domingo Muñoz León.

16:30 2ª Ponencia e diálogo: “El sacerdote y la Palabra de Dios”, por D. Juan Miguel Díaz Rodelas.

18:30 Obradoiros: Lectio divina (P. José Mª García Trapiello, O.P.), Palabra de Deus e música (Javier Rodríguez e Comunidade de Caná), Palabra de Deus e Liturxia (D. Manuel Castro Gay), Experiencia de grupos bíblicos (D. Francisco Pernas de Dios).

20:30 Vésperas – Eucaristía.

22:30 Vixilia de Oración.

Martes, 13:

8:30 Laudes – Eucaristía.

10:15 3ª Ponencia e diálogo: “La interpretación de la Sagrada Escritura en la Iglesia”, por D. Domingo Muñoz León e D. Juan Miguel Díaz Rodelas.

12:30: Ademais dos obradoiros xa mencionados: Palabra de Deus e novas tecnoloxías (P. Eugenio González, O.S.B.).

16:00 Convivencia. Excursión pola ría de Vigo e visita á Illa de S. Simón.

Mércores, 14:

8:30 Laudes – Eucaristía.

10:15 4ª Ponencia e diálogo: “La Biblia de la Conferencia Episcopal Española: Historia y criterios de un proyecto eclesial”, por D. Domingo Muñoz León e D. Juan Miguel Díaz Rodelas.

12:30 Mesa redonda: “A Palabra de Deus na vida”.

Interveñen: D. Bruno Fuentes (Sacerdotes del Prado); P. Eugenio González, O.S.B. (Focolares); D. José Luis González (Vida Ascendente).

13:30 Clausura.

 

A %d blogueros les gusta esto: