Peregrinación ao sepulcro de Luis de Trelles

O Consello Diocesano de Lugo de Adoración Nocturna organiza un desprazamento a Zamora cun dobre motivo: a peregrinación anual ao sepulcro do fundador na catedral zamorana e o 125 aniversario da fundación daquela sección diocesana. A organización deste desprazamento será como segue:

Saída de Lugo ás nove da mañá do día 9, desde a zona da Mosqueira (Ronda da Muralla), facendo unha parada fronte a Sindicatos e outra na Fonte dos Ranchos.

Parada no percorrido para almorzar.

Ás 14,30 horas, comida en Zamora.

Ás 17,00 horas, reunión do Padroado Luís de Trelles.

Ás 18,00 horas, mesa redonda sobre “D. Luís de Trelles e a Sección de Zamora”

Ás 19,30 horas, Vixilia Conmemorativa do 125 aniversario e regreso a Lugo.

O autobús págao o Consello e a comida e cea correrán a cargo dos peregrinos.

Os adoradores, familiares e amigos interesados neste desprazamento e que aínda non estean inscritos, poden facelo en moi breve prazo de días, chamando aos teléfonos 982 248 015 (Sr. Ginel) ou 982 244 376 (Sr. Pena).

Acto informativo dos Equipos de Nosa Señora

Os Equipos de matrimonios de Nosa Señora (ENS) convocan un acto informativo para dar a coñecer o que son e de cal é a súa misión

Será o 9 de abril ás sete da tarde nos locais diocesanos da rúa da Cruz (baixo do portal 1-B) en Lugo.

Animáse a asistir a todos os matrimonios con algunha inquietude espiritual por vivir a vosa vida matrimonial á luz do Evanxeo e poñer os dons propios ao servizo dos demais.

Nova intervención no IX Ciclo de Conferencias OCCIDENTE ANTE O SÉCULO XXI

 

Venres, 8 de abril

D. José Francisco Serrano Oceja:

“Cultura e comunicación: a sociedade do espectáculo”

 Entre os cargos desempeñados por José Francisco Serrano están os seguintes: Secretariado de Relacións cos Movementos da ACP, Decano de Xornalismo da Universidade CEU San Paulo. Director do Congreso Católicos e Vida Pública. Asesor en Comunicación do Arcebispado de Madrid. Impartiu clases na Facultade de Teoloxía San Dámaso, de Madrid.

 Organizou o máster en Comunicación Cristiá da Universidade Pontificia de Salamanca e participa no máster en Comunicación, Información Social e Relixiosa.

 Colaborador de varias fundacións. Director de contidos e membro do Patronato da Fundación “García Morente” (Analisisdigital.com)

 Colaborador de varios medios de comunicación: editorialista da COPE, tertuliano de “La Linterna de la Iglesia” (COPE), “Iglesia en directo” (Popular TV), es E, La Gaceta de los Negocios e Religión Confidencial.

 Algunhas publicacións:

 Los católicos y la política. Encuentros del cardenal Rouco Varela con políticos católicos, San Pablo, Madrid, 2004, 199 pp.

La Iglesia frente al terrorismo de ETA, BAC, Madrid, 2001,823 pp.

Confesiones de un cristiano perplejo, Secretariado Trinitario, Salamanca, 2001, 130 pp.

  ¿MeDios de comunicación? Guía para padres y educadores, Editorial Desclée de Brouwer, 110 páxinas; (Colección Preguntas, 16)

Cursiños de Cristiandade esta fin de semana

O venres día 8 comezarán ás 20:30 horas uns Cursiños de Cristiandade na Casa Diocesana de Lugo. Rematarán o domingo 10 ás 7 da tarde. Serán unhas xornadas abertas ao público en xeral, para que poida coñecer de primeira man o que poden representar na vida da persoa os Cursiños de Cristiandade.

Para inscribirse hai o seguinte contato: José Pena Mouriz, teléfono 982 24 46 43

Visita pastoral do Sr. Bispo á Parroquia de Santiago a Nova de Lugo

  O pasado domingo, 3 de abril ás 12.30h iniciouse a visita pastoral cunha Misa Estacional na Nova e pola tarde unha Misa nas Fontiñas. O día seguinte, luns 4 de abril, o Sr. Bispo tivo un encontro cos nenos, pais e catequistas de Catequeses de Infancia.

 O martes, 5 de abril o programa da visita pastoral foi o seguinte:

-10.15h. Visita ao colexio dos PP. Franciscanos.

-12.00h. Visita ao colexio A Inmaculada dos Irmáns Maristas.

-18.00h. Encontro con Vida Ascendente.

-20.00h. Eucaristía na Capela de San Roque.

 O mércores, 6 de abril o prelado tivo un encontro co Consello de Pastoral.

 Finalmente, o xoves 7 de abril Monseñor Carrasco Rouco presidiu a Eucaristía nas “Hermanitas de Ancianos Desamparados” de San Roque e visitou á comunidade e aos residentes.

 

A %d blogueros les gusta esto: