O 19 de xaneiro a Igrexa celebra a Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado. Con tal motivo, o Papa Francisco difundiu unha mensaxe na que fala das migracións como algo que posibilita unha nova humanidade, na cal cada terra estranxeira é patria e cada patria é terra estranxeira. Tamén di o Papa que “a Igrexa, en camiño cos emigrantes e os refuxiados, comprométese a comprender as causas das migracións, pero tamén a traballar para superar os seus efectos negativos e valorizar os positivos nas comunidades de orixe, tránsito e destino dos movementos migratorios.” Ver texto completo