As entidades promotoras da iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (Fundación Juan Soñador, Cáritas, Confer, Irmandade Obreira de Acción Católica, Xustiza e Paz, Mocidade Estudante Católica, Mocidade Obreira Católica) priorizan dinámicas de sensibilización, visibilización e denuncia sobre o traballo humano, central na sociedade e esencial na vida de millóns de persoas.
Un eixo de intervención está orientado á celebración da festa de san Xosé Obreiro e Día Internacional dos traballadores, o 1º de maio.
Publícase un manifesto que mostra unha realidade moitas veces silenciada como é o traballo escasamente valorado de traballadores que a pesar das súas condicións laborais débiles e precarias, son esenciais para o coidado da vida. Ademais incorpora unha serie de reclamacións para dar resposta a esta crise socioeconómica.
A diferenza doutros anos, a convocatoria deste Primeiro de Maio terá un carácter extraordinario, por motivos de confinamento e distanciamento social necesario neste tempo, pero esta situación non suporá permanecer inmóbiles, senón que haberá:
- Oración. [Guión litúrxico]
- Colocación en xanelas ou balcóns de carteis co lema “Aplauso polo Traballo Decente”. As fotos que se fagan poden facerse chegar a empleolugo@caritas.es.
- Cacerolada o venres 1 de maio ás 12h.